Boas Bergantiños!!
Este ano seguimos o noso andar no PDC (Proxecto Deportivo de Centro).
Foron moitas a trabas que o Covid quixo plantexarnos pero con moita seguridade, esforzo, dedicación e empurróns do alumando conseguimos facer cousiñas.
Desenvolvemos varias iniciativas como o Móvete+ (coreografía musical que esperemos practiquedes en familia no verán; aínda que fixemos coreografías en todos os niveis as que teñen dereito de divulgación neste proxecto son as de 4º), fomentamos hábitos alimenticios saudables iniciándonos nun programa que repartía froita durante dúas semanas para traballar a concienciación de comer sa, fixemos andainas por Carballo a través do “Rexenera fest”, traballo dinámico por medio de gymkhanas propostas desde diferentes equipos do claustro para traballar a Día das Letras Galegas ou un “scape room” como forma de finalizar o curso.
A Bailar: Jerusalema |
Coreografía 4ºA |
Coreografía 4ºB |
Coreografía 4ºC |
Coreografía 4ºD |
A todo isto temos que sumar o traballado antano, os vídeos de adestramentos e retos que a mestra Alba e o mestre Javi fixeron para manterse activos/as, lecturas saudables, asembleas emocionais...
O ano que vén intentaremos continuar o nosos pasiños ata unha vida máis saudable, que entenda a nosa saúde como física, mental, psicolóxica, hixiénica...
A saúde é un concepto amplo, sigamos aprendendo.
Precisamos de toda a comunidade educativa e queremos seguir sumando, polo que todos as ideas son boas e escoitarémolas con moitas ganas.
No canal de Youtube
Esta é a lista dos Retos:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLwOyRMSACsqcrMjRppHoNXosumprgOo9a
E esta la dos Entrenos:
https://www.youtube.com/watch?v=My0bKcy-fCI&list=PLwOyRMSACsqeTuaAXU584HaA0rsPP_fVp
Grazas e a seguir sumando!
Ata o ano que vén!
Bo e saudable verán xente!
Javier Martínez Soto
Coordinador do PDC