Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de matrícula dende o 1 ata o 20 de marzo. Nos arquivos adxuntos pode consultarse toda a información relativa ao proceso, así como no seguinte enlace da Consellería de Educación. Pinchar aquí.

Documentación a presentar:

  • Formulario de solicitude de admisión Anexo II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).
  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.
  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro, será necesario o certificado de estudos no que conste o curso no que esté matriculado/a no ano 2018/19.
  • No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada polos dous proxenitores e deberase presentar a resolución da separación ou divorcio.

O horario de secretaría é de 09:40 h a 14:40 h de luns a venres.

NOTA INFORMATIVA

O alumnado que teña cursado 6º de educación primaria en anos anteriores pode pasar a recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS na secretaría do centro.

Día da Paz 2019

O mércores 30 celebramos no centro o Día da Paz, aquí tedes o vídeo da celebración.

 

RESERVA DE PRAZA NO IES PARA O CURSO 2019/20

Dende o 1 ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para presentar solicitudes de reserva. Ao presentar esta solicitude no CEIP Bergantiños resérvase unha praza en 1º da ESO no IES Isidro Parga Pondal. Nos arquivos adxuntos atoparedes a solicitude, tanto en galego como en castelán.

Se se opta por outro centro, deberase presentar solicitude de admisión do 1 de marzo ata o 20 dese mesmo mes no instituto de educación secundaria correspondente.

Festival Nadal Infantil 2018

 

O pasado xoves 20, os nenos e nenas de Infantil tiveron un día cargado de emocións. As súas familias viñeron a velos actuar no festival de Nadal. Pese aos despistes, nervios e pánicos escénicos, pensamos que o fixeron moi ben! 

Mirade os vídeos e opinade vos mesmos. Bo Nadal!

 

                                                                 
Os peques de 3º
Os peques de 3º

Os peques de 4º
Os peques de 5º

Os peques de 5º

 

 

 

Festival Nadal Primaria 2018

                                                    
1ºA - Volver a casa por Nadal

1ºB - Agardando os regalos de Nadal
1ºC - Nadal - Mamá Cabra

2ºA - Do cole ao Portal

2ºB - Xa me tardan - Mamá Cabra
2ºC - La estrella de la Navidad

3ºA,3ºB,3ºC e 3ºD - Somos OT

4ºA -White Christmas Version Rock

4ºA, 4ºB e 4ºC - Hello to all the

children of the world

4ºB - Naceu un neno

4ºC - E despois xa me dis

5ºA e 5ºB - Baile Sorpresa

5ºC - O encontro de Papa Noel

5ºC - Taki Taki

5ºD -  En la Pueta del Sol
5ºD - Stop me now

6º A - Mix

6º B - O Repugnantiño

6º C - Navidad entre amigos

6ºD - Unha carapuchiña moi moderna

A asociación cultural San Cristovo dona material ao CEIP Bergantiños.

A asociación cultural San Cristovo de Carballo bota o peche despois de 25 anos de actividade e decide donar ao centro diverso material deportivo e de educación física. Agradecemos este xesto tan significativo por parte da directiva, despois de que dita entidade liquidara definitivamente os bens. Sen dúbida, faceremos bó uso de todo o material recibido. 

Días non lectivos.

Tendo en conta a Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19, lembramos que mañá día 6 de decembro (Día da Constitución) e venres día 7 de decembro (Día do Ensino) son días non lectivos polo que o centro permanecerá pechado. Solicitouse tamén o luns 18 de marzo. Así mesmo, o 21 de decembro (Nadal), o 1 de marzo (Entroido) e o 21 de xuño (fin de curso) non haberá servizo de comedor escolar nin actividades extraescolares. De feito, o 21 de xuño o horario será reducido, de 09:40 h a 11:40 h.

Magosto 2018

 

O venres celebramos o Magosto en compañía de todo alumnado, familias e proferado foi un día estupendo, aquí tedes o video da celebración:

   

Magosto Ceip Bergantiños

 Magosto de Nadela

Magosto de Nadela

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut