Skip to Content

CARREIRA CROSS CARBALLO.

O pasado venres 26 de xaneiro, o noso centro participou un ano máis, na fase zonal de Carballo de Cross Escolar, cun total de 200 alumnos e alumnas, que pudieron disfrutar dunha actividades diferente e na que todos e todas o pasaron Xenia.

 

Estamos moi orgullosos pola númerosa participación do noso alumnado no evento, e tamén porque todos e cada un deles foran capaces de rematar a proba e disfrutar dela. Pero tamén nos gustaría felicitar a aqueles alumnos e alumnas que forón capaces de obter medallas na modalidade individual, así como aqueles equipos que tamén lograron subirse ao podio.

 

Con todo esto, o noso alumnado conseguiu clasificar 5 equipos (Benjamín masculino, benxamín femenino, alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino), e unha alumna en modalidade individual (alevín feminino) para o Campionato Provincial de Centro Educativos que se celebrará o 15 de marzo en Porto do Son.

 

Deixamos a imaxe en adxuntos!!!

 

 

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Bo día familias, 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Adxúntanse en PDF as instrucións, o documento de solicitude de reserva de praza e o documento de renuncia ao centro adscrito.

Un saúdo.

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR PARA O SEGUNDO TRIMESTRE.

Bo día familias,

 

Adxuntamos o menú do comedor escolar para este segundo trimestre.

 

Un saúdo!

MERCADILLO SOLIDARIO DE NADAL.

 

 

Festa do Magosto

Hai aproximadamente unha semana gozamos dunha divertidísima festa do Magosto todos xuntos.
Comemos castañas, bailamos e xogamos a divertidísimos xogos. Pásamolo fenomenal!

Aquí tedes un pequeno resumo:

Magosto

Boa fin de semana !!

CAMPAÑA SOLIDARIA DE NADAL 2023

Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Bo día familias,

O pasado mes de outubro celebrouse a 22ª edición do Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" do Festival Internacional Outono de Teatro, e o CEIP Bergantiños tivo a súa propia representación con dous grupos da aula de 6ºC:

O grupo "Asando polos" integrado por Ánder Menéndez, Lola Cañás, Nicolás Rodríguez e Antón Ferreiro, participou cunha obra propia titulada: "O Diario de Adara". O grupo "Os comillas" formado por Sofía Santos, Jonathan Bardanca, Henar Suárez e Liz Gutierrez, escribiu " Vés comprar? "

Sabemos que foi unha boa experiencia e que desfrutastedes moito na preparación! Queremos darvos as gracias pola vosa participación e animarvos, a vós e a todo o alumnado, a participar nas próximas edicións.

Podedes acceder premendo nos seguintes enlaces:

 

Asando polos: Diario de Adara.

 

Os Comillas: Vés comprar?

 

 

Un saúdo.

 

CEREBRO E PANTALLAS. XORNADAS DE FORMACIÓN.

Bo día familias,


Dende o Centro de formación e recursos do profesorado CFR A Coruña, convídannos a unha xornada de formación de gran interese tanto para profesorado como para familias:

"CEREBRO E PANTALLAS"

DATA: mércores, 15 de novembro
HORA: 19.00h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo.


Para esta formación, teremos o privilexio de contar coa colaboración de MARÍA COUSO, pedagoga e mestra con máster en Psicopedagoxía clínica e Neuroeducación.

Un saúdo.

 

O SAMAÍN NO CEIP BERGANTIÑOS!!

Bo día familias,

 

Xa pasado o Samaín e a piques de entrar na conta atrás do Nadal deixamosvos un vídeo resumo desta terrorífica celebración no CEIP Bergantiños: Concurso de portas terroríficas, literarias e ecolóxicas; apócemas, conxuros, bailes e moitas mais sorpresas aterradoras.

Para poder reproducilo tedes que clicar na ligazón que se adxunta:

 

Vídeo Samaín

 

 

Un saúdo.

 

CONCURSO DE #BOOKFACE

 

     

 

Distribuir contido


by Dr. Radut