Skip to Content

SOLICITUDE USO DE COMEDOR ESCOLAR

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE USO DE COMEDOR ESCOLAR

 

Vén de publicarse a Instrucción 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de Xestión Indirecta no curso escolar 2024-25, polo que se poderán presentar as solicitudes de uso de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso.

 

Data límite de presentación da solicitude: hasta o 01 de xullo de 2024

 

Documentación:

 

- Formulario cuberto (podedes descargalo ou recollelo no centro educativo).

- Certificado médico dalgún tipo de alerxia alimentaria do alumnado.

- Certificado dos servizos sociais ou municipais que acrediten a situación económica de exclusión social ou discapacidade igual ou superior ao 33%.

- Título de familia numerosa.

- Certificado emitido pola empresa do horario laboral da nai e/ou do pai.

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE ALUMNADO NOVO - CURSO 2024-25

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE ALUMNADO NOVO

CURSO 2024-25

PRAZO: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO DE 2024

 

Documentación necesaria:

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Bo día familias,

 

Podedes consultar na seguinte ligazón a listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025.

 

Recomendamos NON MERCAR ningún libro de texto ata a reunión de comezo de curso co profesorado.

 

Un saúdo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025.

Bo día familias,

 

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025 coa seguinte información clave:

PRAZO: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

TEXTO DA CONVOCATORIA

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE: A través do Anexo I e do Anexo II da seguinte forma:

          *IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá de presentarse unha                          solicitude individual para cada un dos seus fillos. 

          *IMPORTANTE: deberá ter conta de CHAVE365, o certificado dixital ou o DNI                electrónico e mais a aplicación Autofirma.

  • PRESENTACIÓN PRESENCIAL CON ASISTENCIA DA APLICACIÓN: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • PRESENTACIÓN MANUAL: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • Copia do libro de familia.
  • Sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor, no caso de separación ou divorcio.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • Terase en conta a renda do ano 2022 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero e nos casos de falecemento dalgunhas das persoas proxenitoras. 

 

  • O alumnado que non estea admitido/a nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024/25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023/24.

 

  • Para 5º e 6º de EP a solicitude será só para a adquisición de material escolar por ser cursos E-DIXGAL.

 

  • O alumnado de 6º EP presentará a solicitude no IES onde foi admitido.

 Para mais información consulte as seguintes instrucións.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-25

Bo día familias,

 

Xa están publicadas no hall da entrada principal do centro as listaxes definitivas de admisión do alumnado para o curso 2024-2025.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO ACOSO ESCOLAR.

Bo día familias, 

Entrando na seguinte ligazón, poderedes ver o vídeo que creamos para conmemorar o Día Internacional do Acoso Escolar.

Esperamos que vos guste!

 

CANCIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR DO CEIP BERGANTIÑOS.

 

BECAS NEAE.

Bo día familias,

 

Está aberto o prazo de solicitude para as axudas de alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 24/25.  No seguinte enlace tedes a información mais importante sobre as becas NEAE proporcionada polo departamento de orientación do CEIP Bergantiños en forma de cartel-resumo informativo.

 

Para mais información podedes consultar neste enlace a resolución e convocatoria do Ministerio de Educación.

 

Un saúdo.

 

 

INSTRUCIÓNS PARA DESCARGAR E CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE PAGAMENTO PARA REGULARIZAR AS COTAS DO SERVIZO DE COMEDOR.

Bo día familias,

Co fin de facilitarlle a aqueles usuarios do comedor en xestión indirecta que teñan que realizar pagamentos derivados da regularización dos prezos do servizo de comedor, por mor das diferencias detectadas  entre os datos da autodeclaración realizada ao principio do curso e  os cruces de datos tributarios coa AEAT, achégase unha guia de cómo deben descargarse e cubrirse os impresos de pagamento.

 

É moi importante ter en conta que por cada pagamento hai que descargar un novo modelo isto é, non se pode usar un mesmo modelo para todos os pagamentos,cun mesmo código. 

 

GUÍA - INSTRUCIÓNS PARA DESCARGAR E CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE PAGAMENTO PARA REGULARIZAR AS COTAS DO SERVIZO DE COMEDOR, EN XESTIÓN INDIRECTA. 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Bo día familias,

 

Finalizado o plazo de admisión do alumnado para o curso 2.024/2.025 comunicamos que foron admitidas todas as solicitudes que elixiron como primeira opción o CEIP Bergantiños. Podedes consultar a información no hall da entrada do centro.

 

Un saúdo.

Equipo directivo.

 

MENÚ ESCOLAR DO 3º TRIMESTRE

Bo día familias,

Deixamos o menú escolar para este terceiro trimestre.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut