Skip to Content

DECORACIÓN DE SAMAÍN EN EDUCACIÓN INFANTIL

   

DECORACIÓN DE SAMAÍN EN EDUCACIÓN PRIMARIA

      

 

MARCAPÁXINAS SOLIDARIO SAVE THE CHILDREN

 

 

O alumnado de 1º E.P. e todo o alumnado de Relixión Católica de Ed. Primaria participaron un ano máis na actividades de Marcapáxinas

Solidario de Save The Children. Aquí podedes ver o xustificante da transferencia feita e o Diploma de agradecemento ao centro por participar

nesta iniciativa novamente, similar aos diplomas recibidos polos nenos que participaron de xeito voluntario. Moitas grazas a todos pola vosa

colaboración nas dúas modalidades de marcapáxinas solidarios realizadas este ano no noso centro.

 

Marcapáxinas Solidarios

Boas, familias do Bergantiños!

Como sabedes este ano o Equipo de Convivencia do noso centro fixo unha venda de “marcapáxinas solidarios”.  O resultado foi dunha grande magnitude. Recaudáronse 831,39€!!! GRAZAS!

As asociacións sen ánimo de lucro que saíron vencedoras da votación por parte do alumnado foron a protectora “Amiga de los perros de Carballo” e “ASPABER”. 

 

Este mércores 16 de xuño viñeron as dúas ó noso centro.

Dado que a nosa idea sempre foi a de adquirir aqueles produtos ou necesidades que nos demandaran, pedímoslles ás gañadoras unha listaxe. Foros as seguintes:

 

ASPABER solicitounos dúas tablets. Isto axudaralles o seguinte:

- Xerar consolidación de aprendizaxes polo reforzo visual e auditivo implicado no traballo a través de programas adaptados á atención, o razoamento, a memoria e a concentración

- Favorecer a motricidade fina e a coordinación visomotora.

- Mellora da comunicación pola adecuación de entornos gráficos que favorecen a motivación.

- Motivar aprendizaxes a través de programas resposta inmediata permitindo que a práctica repetitiva sea gratificante.

- Favorecer as relacións sociais nos usuarios autistas e con problemas de relación por medio de programas que permiten sincronizar a voz gravada dos rapaces e rapazas coas propias marionetas facilitando deste modo a interacción.

- Traballar a comunicación aumentativa a través de APP’S específicas.

 

“Amiga de los perros de Carballo” demandounos o seguinte:

- Comida seca para cans adultos maiores con pocos dentes.

- Comida húmida para cans adultos maiores.

- Comida seca para gatos.

- Comida húmida para gatos.

 

 

Como podedes ver nas fotografías, os cartos déronnos para moito e mercamos todas as súas peticións!

 

Para que non quedara nada sen gastar, houbo unha última doación para redondear as contas.

 

Gustaríame agradecer ás dúas asociacións a súa disponibilidade e amabilidade para coincidir horarios e tamén os seus agasallos. Grazas.

 

Agradecer tamén a “Mascotare” tenda especializada en produtos para mascotas sita en Rúa Manuel Azaña, No 34, Bajo Izq, 15011 A Coruña que facilitounos toda a mercadoría e o seu trato, dispoñibilidade e esforzo foron exquisitos.

E un saúdo para Roberto, usuario de ASPABER que veu á visita e aportou un gran sorriso e un  par de bromas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son algunhas das fotos que sacamos ao longo da visita…

 

Moitas grazas Bergantiños pola colaboración! Sodes xeniais!

 

Javier Martínez Soto

Coordinador do Equipo de Convivencia do CEIP Bergantiños

 

 

 

A HORA DO PLANETA

A HORA DO PLANETA sábado 27 de marzo de 2021.

A Hora do Planeta é a campaña internacional organizada por World Wide Fund For Nature (WWF) para impulsar a CONCIENCIACIÓN sobre o CLIMA, a BIODIVERSIDADE e a NATUREZA.

A iniciativa desta campaña promove apagar as luces o último sábado de marzo de 20:30h a 21:30h.

#EuTaménCoidoOPlaneta

Entrevista Día da Muller - 8 de Marzo 2021

 

 

 

Karina García - Científica

 

Mª Jesús Vilariño - Bombeira 

 

  

Mónica Fernández - Sumiller 

 

 

DIA DA MULLER - 8 DE MARZO 2021

 

                           

Para saber máis descarga o vídeo

 

 Para saber máis descarga o vídeo

 

 

Para saber máis descarga o vídeo 

 

Para saber máis descarga o vídeo  

Traballos realizados durante o Proxecto Erasmus +

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


  

 

 

 

 

 

 

 

Día da Paz 2021

 30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA

NON VIOLENCIA E DA PAZ

 

Esta semana con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, o

alumnado de infantil e primaria decorou pezas de crebacabezas, para elaborar un mural para cada

unha das etapas. O lema escollido foi “CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR”.

 

A través da actividade aprendemos vocabulario relacionado: paz, amizade, solidariedade, ledicia,

amor, perdón, diálogo, bondade, agarimo, empatía, respecto, escoitar, axuda, bicos, compartir, sorriso, apertas,…

 

Así de orixinais quedaron. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!

 

 
 
 
 
 
 
Visitade o Blog de NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA
 

LISTAXE DE APPS CON CONTIDOS EDUCATIVOS.

Prezadas familias,

Varias Apps están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para axudar a que os nenos e as nenas sigan aprendendo dende a casa. Aquí tendes a listaxe:
 
-Academons Primaria:  a App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science  http://bit.ly/Academons_Gratis

-Ta-tum: do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum

-Smartick: esta App malagueña está ofrecendo acceso 15 días gratis a súa App para repasar as matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15

-Genially: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

 -AMCO: Acceso aos xogos de Mates e Lengua da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado   https://amconews.es/eduzland/
 
-Smile and Learn: esta App para los máis pequenos da casa está ofrecendo acceso gratuito durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

-M.A.R.S.: esta App do grupo SM ofrece códigos desconto para acceder aos contidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App

-Cerebriti Edu: ofrece os seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata finais de curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

Distribuir contido


by Dr. Radut