Skip to Content

PUBLICADA LISTAXE DE ADMITIDAS/OS PARA O CURSO 2020/2021

Xa se pode consultar no taboleiro do centro a listaxe de alumnas/os admitidas/os para o vindeiro curso 2020/2021.

O prazo para formalizar a matrícula é do 1 ao 10 de xullo. O centro permanecerá aberto nesas datas de luns a venres de 11:00h a 12:00h. Precisa cubrirse o modelo que se achega nesta publicación e a seguinte documentación:


- 4 fotos tamaño carnet da/o alumna/o.
- Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores e da/o alumna/o.
- Fotocopia do boletín de vacinacións da/o alumna/o.
- Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.
- Certificado médico da/o alumna/o no que se explicite que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas.

Un saúdo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

A continuación achégase a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Podedes tamén descargar o pdf cun resumo de toda a información que elaboramos por se vos resulta máis práctico ou de axuda.

 

Informan da Consellería que hai unha errata:

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal do 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

 

IMPORTANTE LEMBRAR:

- As solicitudes presentaranse, sempre que sexa posible, preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

 

- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Para este fin, establerecemos sistema de cita previa para os que precisedes acudir ao centro. Seredes notificados por correo, Abalar Móbil ou teléfono nos próximos días para preguntarvos o método de presentación que ides elexir, e de o caso, asignarvos unha cita para acudir ao colexio.

 

- Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

 

 

Aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

 

Un saúdo!

Verbas inspiradoras no día das Letras Galegas 2020

Ola nenas e nenos:


O Trasno Trouleiro, como xa sabedes, anda gardado na nosa Biblioteca Escolar e non para de pensar. Desta vez, ocorréuselle que como non nos imos ver para celebrar o Día das Letras Galegas, podemos facelo dun xeito diferente:

As mestras van asignarvos unha palabra galega (chegaravos por privado). Nunha folla A4 (folio), en posición horizontal e moi en grande para que se vexa, escribiredes dita palabra e decorarédela como máis vos guste. Logo, grabaredes un vídeo co móbil onde ensinedes o voso cartel á vez que dicides en alto a palabra que vos tocou. Lembrade colocar o teléfono en horizontal para grabar. Despois xuntarémolos todos para facer un vídeo como fixemos o día do libro.


Esta actividade, coma outras que xa fixemos neste tempo no que temos que estar na casa, é totalmente voluntaria, pero sería moi bonito que participáramos todos. 

 


Podedes mandarlle os vídeos a Carmen por Whatssap e ela xa nolos fai chegar.


Esperamos que vos animedes.


Unha aperta moi grande.
Bicos.

REACTIVACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Como xa sabedes, o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso foi paralizado coa suspensión das clases por mor da COVID-19.
 
O próximo luns reactívase dito proceso. Os prazos van dende o 11 ao 18 de maio, ambos os dous incluídos, para a presentación de solicitudes (os que non o tiverades feito con anterioridade á suspensión das clases).
 
Recolleremos as solicitudes no colexio, que permanecerá aberto de luns a venres en horario de 11:00h a 12:00h ata finalizar o prazo.
Distribuir contido


by Dr. Radut