Skip to Content

O CONCELLO DE CERDIDO AXUDARAVOS COA IMPRESIÓN DAS TAREFAS

Dende o Concello de Cerdido envían a súa axuda para que as familias que o precisen poidan imprimir as tarefas do colexio.

 


No documento adxunto atópase toda a información:

 

 

XX CONCURSO DE CONTOS DE CERDIDO

Debido ao estado de confinamento polo que estamos obrigados a quedar na casa, este ano, o concurso de contos farase a través de medios telemáticos. Se tes menos de 14 anos, dende o concello queren animarte a que participes no concurso creando un conto, lenda ou historia que fale de Cerdido e nola fagas chegar por calquera dos medios que che ofrecemos. Deberás acompañar o conto cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e curso no que estás matriculado na actualidade. Deste xeito poderás optar a un dos premios, segundo as diferentes categorías. Este ano, para premiar o bo comportamento de tódolos nenos e nenas, que están cumprindo e dando un gran exemplo de solidariedade e responsabilidade quedando na casa, o concello terá algunha sorpresa preparada, ademais dos premios, para cando poidamos saír e celebralo todos xuntos!

 

DIPLOMA #EUQUEDONACASA


Sabemos que non está a ser doado o confinamento, pois a todas e todos vos gustaría poder saír a xogar cos vosos amiguiños, darvos fortes apertas, ver a toda a xente, ir ao cole... Tamén é difícil ás veces seguir as rutinas e tarefas da escola á distancia; e a situación en xeral resúltanos, cando menos, rara. As rúas non son o que eran, as tendas, os parques, mesmo os nosos fogares. 


Pero tamén sabemos que o estades a facer como uns verdadeiros campións e campionas. Por iso elaboramos este diploma, que vos otorgamos polo voso comportamento exemplar durante o confinamento. Seguide así, portándovos ben na casa, axudando nas tarefas do fogar, rindo e xogando porque pronto todo isto pasará e voltaremos a vernos na escola.

Podédelo descargar no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut