Visita o teu Súper!

Tagged:  

Dentro das actividades que desenvolve o centro ao longo do curso para promover a alimentación saudable, o alumnado de 6º participa na campaña de Vegalsa "Visita o teu súper".

O alumnado de 6º A visitou o luns un súper do barrio. Os responsables das distintas seccións explicáronos as peculiaridades do seu posto de traballo, normas de seguridade, etiquetado...

Para rematar a visita preparáronnos unha mesa con alimentos saudables e un agasallo individual.

Grazas a todo o persoal polo trato recibido!

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013