Skip to Content

Horario de atención de Secretaría

O horario de atención durante o proceso de admisión é o seguinte:

Gústame o meu río

O alumnado de 5º curso de EP, participa no proxecto "Gústame o meu río" organizado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Trátase dun programa educativo baseado no fomento do valor medioambiental dos ríos e a concienciación sobre a importancia da protección e conservación dos  ecosistemas fluviais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Gústame o meu río

Punto Laranxa

A partires de hoxe, dispoñemos na nosa web (marxe dereito) dun "Punto Laranxa Virtual".

Premendo nel, accederase a unha caixa de correo, a través do cal, calquera discente poderá comunicar, de xeito anónimo, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Nos próximos  días, tamén se instalará no noso centro , un "Punto Laranxa Físico" coa mesma finalidade. 

Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan Integral contra estas condutas, co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas, e, que os centros escolares,  contemos cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.

Con todo isto, seguimos a traballar no fomento da tolerancia cero ante calquera conduta contraria á convivencia.

 

Asignación de prazas no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes - Curso 2024/25

Infórmase de que todo o alumnado de sexto curso de EP que presentou a reserva de praza no centro de adscrición, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, para a  escolarización no vindeiro curso escolar 2024/25, está admitido e con praza asignada.

 

Día Internacional da Muller 2024

Conmemoramos con diferentes actividades o 8 de Marzo , "Día Internacional da Muller";  xornada recoñecida pola ONU para reivindicar a loita de todas as mulleres polo seu desenvolvemento íntegro e de igualdade en todos os ámbitos sociais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día Internacional da muller 2024

Ecohortas: xornada de convivencia en Burela

Alumnado do grupo de 6ºC de EP, participante no programa "Ecohortas" do "Plan Proxecta" que se está a desenvolver no centro, viaxou a Burela para participar nunha xornada de convivencia con alumnos/as  e profesorado do  IES Monte Castelo, desta localidade, máis o  Ceip de Prácticas, da provincia da Coruña.

Xunto coas asesoras de "Amigos da Terra", participaron en diferentes obradoiros e actividades: unha viaxe polo tempo nas fases da recollida do millo, identificación de diferentes plantas silvestres e aromáticas, pintura artística con nogalina, carreiras de orientación, tarefas de plantación ...

Foi unha xornada moi completa na que disfrutamos, aprendimos e decatámonos da importancia da colaboración no traballo e da convivencia en grupo.

 

Agradecemos enormemente a acollida do IES Monte Castelo, e o traballo e organización das nosas asesoras, que como sempre, nunca deixan de sorprendernos. Graciñas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: xornada de convivencia

Menús almorzo/xantar - Marzo 2024

Descarga aquí menú almorzo

Descarga aquí menú xantar

Máis información no apartado web de "Comedor Escolar"

Día de Rosalía de Castro

Coincidindo coa data do seu nacemento, o 23 de febreiro, conmemoramos o día da escritora, poeta e referente da cultura galega: Rosalía de Castro.

Entre as diversas actividades realizadas, alumnado de 6º curso quixo por voz ao poema inicial da súa obra "Cantares Gallegos" titulado "Has de cantar".

 

Visita das xogadoras do Ensino CB

O alumnado de sexto de EP, recibíu a grata visita de Ane Olaeta e de Blanca Millán,  xogadoras de Ensino Lugo CB. Destacaron a importancia de apoiar ao deporte feminino e convidáronnos á asistencia do derby galego que xogarán contra o Celta CB baixo o lema "FAINO POR TI, POR ELAS E POR TODAS", o vindeiro 24 de febreiro. 

MOITA SORTE ENSINO LUGO CB!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita das xogadoras do Ensino CB
Distribuir contido


by Dr. Radut