Skip to Content

Punto Laranxa

A partires de hoxe, dispoñemos na nosa web (marxe dereito) dun "Punto Laranxa Virtual".

Premendo nel, accederase a unha caixa de correo, a través do cal, calquera discente poderá comunicar, de xeito anónimo, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Nos próximos  días, tamén se instalará no noso centro , un "Punto Laranxa Físico" coa mesma finalidade. 

Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan Integral contra estas condutas, co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas, e, que os centros escolares,  contemos cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.

Con todo isto, seguimos a traballar no fomento da tolerancia cero ante calquera conduta contraria á convivencia.

 

Asignación de prazas no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes - Curso 2024/25

Infórmase de que todo o alumnado de sexto curso de EP que presentou a reserva de praza no centro de adscrición, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, para a  escolarización no vindeiro curso escolar 2024/25, está admitido e con praza asignada.

 

Xornada de Portas Abertas

Non é preciso confirmar asistencia

Reserva de praza para 1º da ESO

No seguinte enlace, o alumnado de 6º de Educación Primaria,  pode consultar a información cos pasos a seguir  para a reserva de praza de 1º da ESO.

 

Descarga modelo ED550A

Descarga modelo ED550B

Enlace á sede electrónica

Cualificacións alumnado

Os boletíns de cualificacións correspondentes a cada trimestre, envíanse a través da aplicación ABALAR MÓBIL, polo que, cómpre ter descargada a devandita aplicación.

    

 

 Máis información no apartado web "Abalar Móbil"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut