Actividades

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "AS MULLERES DA MIÑA VIDA".

As mulleres da nosa vida son aquelas que fan a nosa historia, as que nos marcan dun xeito ou doutro polos momentos que compartimos con elas. 

O noso centro quere conmemorar cunha mostra fotográfica o 8M ou Día Internacional da Muller facendo unha pequena homenaxe a todas aquelas figuras femininas que son o máis importante para aqueles e aquelas que son o máis importante para nós: @s nen@s.

Podedes achegarvos a botarlle unha ollada un pouquiño despois da entrada ou un pouquiño despois da saída.

 O Equipo de Biblioteca tamén dispuxo un expositor coas lecturas máis destacadas relacionadas con esta data.

A continuación, tamén vos presentamos outros traballos do alumnado.

Nos arquivos adxuntos tamén podedes descargar uns audios dos nosos e nosas locutores e locutoras de radio que se converteron en poetas e poetisas polo 8M. Adiante!

Día de Rosalía

O Día 23 de Febreiro celébrase o Dïa de Rosalía, polo que o noso alumnado traballou sobre a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras de Galicia baixo o lema #cumpriuseaxustiza.

Por ciclos o noso alumnado elaborou diferentes textos escritos sobre as súas emocións do día a día, pequenos poemas e manifestos relacionados cos poemas de Rosalía e as inxustizas que se denotan na nosa sociedade.

Todo esto deu lugar a unha fermosa creación exposta no corredor principal do noso centro. 

Ademáis, en colaboración co concello de Carballo, todo o centro acudirá á inaguración do Parque de Rosalía ó carón do Río Anllóns, no que o noso alumando lerá un pequeno manifiesto e algunhas das súas creacións deste mural.

Esperamos que vos guste! 

   

OS MANDADIÑOS DO MECO

Preparados para o Entroido? O Meco xa pensou nos seus mandados. Aquí volos deixamos!

 

ENTROIDO

O 17 de febreiro celebraremos no noso centro o Entroido, cun desfile de disfraces e unha degustación de produtos típicos desta época de festexos. 

 

Con todo… Que coñecemos do noso entroido? Celébrase igual en todas as partes de Galicia? 

 

Ao longo deste post descubrirás un pouco máis sobre a nosa historia, indagando nos diversos Entroidos de Galicia. Para os máis peques contamos coa axuda dos Bolechas, que nos guiarán nesta aventura. 

 

Ademais, dende o equipo de EDLG deixámosvos varias propostas de actividades: dende traballar a descrición dos disfraces de cada localidade ata un memori para imprimir e poñer a proba os vosos procesos cognitivos básicos como son a atención, a percepción e a memoria.

 

Con este pequeno post queremos recalcar a importancia do noso proxecto “Medrando en saúde na Cristina” xa que o Entroido pódese celebrar seguindo a nosa tradición de bailes ao aire libre, compartindo risas e momentos divertidos con amig@s e familia.

 

Un saúdo e esperamos que vos guste!

 

 
 
 

PATIOS DINÁMICOS

O noso centro vén de propoñer unhas novas dinámicas para o tempo de lecer. Como non tod@s somos iguais nin a tod@s nos gustan os mesmos xogos, deseñamos actividades lúdicas que fomentan a cohesión de grupo, a cooperación e a creatividade. 

Partimos da metodoloxía visual para chegar tamén a tod@s aquel@s que len por imaxes.

 

 

AS CORES DA PAZ

Ao longo de toda a semana anterior estivemos traballando sobre os distintos tonos de pel, facendo autorretratos para comprobalo. Estas son as nosas cores, as cores do noso centro, as CORES DA CRISTINA!

 

 

 

 

 

COR CARNE

O mar ten moitos tonos de azul. E se non existe unha única cor carne? 

Esta pregunta é a que nos plantexamos despois da lectura do libro "Color Carne" de Desirée Bela-Lobedde. A autora propón unha entrañable historia que nos fai reflexionar sobre os mil e un tonos de pel e sobre a importancia de ser tolerantes e celebrar que tod@s somos igualmente diferentes.

"Color carne" será o punto dende o cal estruturaremos as actividades a desenvolver para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o vindeiro 30 de xaneiro.

Para ir quentando motores, a coordinadora do EDLG propón un genially titulado "Cor de Pel". Pinchade AQUÍ ou na imaxe para comezar!!


FINALISTAS DO CERTAME "CONTOS DE NADAL"

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos de noraboa!! As nosas alumnas de 3º nivel de educación primaria, Valeria Martínez González e Mara García Suárez, resultaron condecoradas no certame "Contos de Nadal" coas historias que levaban por título "Que listas son as avoas" e "Na Costa da Morte os desexos cúmprense", respectivamente.

O acto de entrega de premios celebrarase na Casa da Cultura de Cee o sábado día 17 ás 12:00 h. 

Pinchade AQUÍ para ver a nova online na páxina da Voz de Galicia.

Noraboa a estas campionas! Sentímonos moi orgullosas delas! Bravo!!

Descargade os arquivos en audio para escoitar as súas historias!

 

 

 

OBRADOIRO DE ENREGUÉIFATE COS PEQUENOS/AS DE INFANTIL

Que obradoiro tan especial tiveron o Josinho e a Lorena cos pequerrechos e pequerrechas de 4º de Educación Infantil!! Están feitos todos uns regueifeiros e regueifeiras!! Noraboa campións!!

Pinchade aquí para acceder ao enlace de Enreguéifate en Instagram

ENREGUÉIFATE

Os/as nenos/as de 3º de primaria botan a lingua a pacer co Enreguéifate!! No día de hoxe participaron nun obradoiro coa axuda do Rabelo e Nuria. Xuntos compuxeron uns versos seguindo un mesmo cantar:

Cando eu estaba xogando

pinchóuseme a pelota.

Logo eu fun ver o río

e despois eu fun á horta

e despois eu fun á horta.

Manchóuseme o pantalón

e despois mirei ao ceo.

E vin pasar un avión

e vin pasar un avión.

Había fume na cociña

e eu fun ao galiñeiro.

E mirei unha galiña...

 

 

Masterchef na Cristina

Os/as chefs de quinto e sexto prepararon unhas deliciosas galletas de chocolate. Que pintaza!

Samaín saudable

Botádelle un ollo á receita que van preparar os nosos chefs de quinto e sexto de primaria o vindeiro luns. Para chuparse os dedos!

Saída a Biblioteca Rego da Balsa

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria foi convidado á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para escoitar as historias de Lilí Gruyére.

 

Os nenos e nenas pasaron un tempo moi entretido escoitando as historias de Lilí, procedente de Lonxedetodo, que cantou co seu Coelliño Branco, fixo pasatempos e ensinounos 3 contos moi especiais. 

 

Moitas grazas pola invitación! Foi un pracer!  Lilí, esperámoste de novo! 

   

Natillas Frankestein

Preparados/as para a noite máis terrorífica do ano? Os/as alumnos/as de 4º son uns pequenos chefs e prepararon unhas natillas monstruosas: as natillas Frankenstein!!

 

 

Dedos de bruxa

Animádevos a preparar estes divertidos e terroríficos dedos de bruxa para a noite de Samaín. Ao alumnado de 3º de primaria quedáronlles deliciosos!

Distribuir contido