Actividades

Tríptico información Samaín 2023

Boas tardes a comunidade educativa! Dende o EDLG queríamos eninarvos o documento que se mandaou as familias sobre o noso Samaín, a súa hostoria e algunhas propostas de actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Emocionarte". 

Desexamósvos un feliz samaín!! 

CONTOS DE SAMAÍN EN RADIOCRISTINUNA

Pero que historias tan terroríficas nos contaron as nosas compañeiras Aroa, Adelaida, Ainara e Natalia de 6º curso!!! Non puidemos preparar a nosa festa de Samaín de mellor xeito. Tranquil@s, son aptas para tódolos públicos.

Descargade o arquivo adxunto ou pinchade na imaxe para escoitalas.

Grazas á profe Maica polos efectos especiais. Son fantásticos!! Noraboa!

SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIO DE REGO DA BALSA

Este mércores os maiores de infantil foron de visita á biblioteca Rego da Balsa. Alí puideron disfrutar da dramatización da obra "O Coelliño Branco" da man de Lili Gruyère. Estivo divertidísima e as profes participaron como personaxes!

Ademais, tamén houbo un pequeno espectáculo de maxia cun coello. Vaia troula!

 

DÍA DE ENTREVISTAS EN RADIO CRISTINUNA

Que mellor maneira de comezar a tempada de Radio Cristinuna que cunha entrevista! As locutoras de radio Ana Carracedo, Julia e Alba organizaron unha agradable tertulia con Patricia, a directora do cole, para coñecer un pouquiño máis en que consistía o seu traballo. Tamén houbo tempo para preguntas máis persoais dentro dun ambiente moi distendido.

Animádevos a pinchar na imaxe para escoitala ou descargade no arquivo adxunto. Esta á e primeira dunha rolda de entrevistas do máis interesantes!

 

OS CRISTINATREIROS

Os Cristinatreiros volven a estar en acción! Aquí vos deixamos o vídeo que presentamos para o certame de Teatro Lido deste 2023. A obra titúlase "Cataventos e Cía" e versa sobre a romántica e simpática historia de amor de Amanda e Leonardo que, coa axuda doutros personaxes do castelo, intentarán que o amor verdadeiro triunfe e que o sentimento prime ante calqueira outro tipo de interese.

A creadora do texto é Celia Díaz Núñez, profesora e autora de diversos textos narrativos e de teatro.

O MEDO E A VERGOÑA

A palabra "medo" vén do latín "metus", aínda que se trata dunha palabra que é exclusiva do castelán xa que en Italia e Francia, o medo asentouse na voz latina "pavor". Neste post fixemos unha pequena reflexión sobre esta emoción e sobre a vergoña a través da lectura da lenda de Lady Godiva. Pulsade na imaxe para botarlle un ollo as nosas reflexións.

 

Que nos dá vergoña?

"A min dáme vergoña falar con xente que non coñezo porque non teño confianza" (Victoria, 5º EP).

"A min dáme vergoña ir a un sitio ou a unha actividade na que non coñezo a ninguén porque sinto que me deixan de lado" (Carmen, 5º EP).

"A min dáme vergoña xogar diante de moita xente porque non estou cómoda e tamén me dá vergoña falar en público porque quedo paralizada" (Paula, 5º EP).

"Teño vergoña cando un descoñecido me pregunta algo porque quedo sen palabras" (Noa Muñiz, 5º EP).

A mellor sopa do mundo

Este curso continuamos coa andaina en Radio na Biblio. Comezamos a formación a cargo de Santiago Fernández, ex-director do CEIP Labaca, mestre e actor de teatro. Ademais, ten un estudo de doblaxe. 

Escoitade que contiño tan bonito fixemos con el! É unha versión en audioconto de "A mellor sopa do mundo" de Almudena Xaneiro. Pinchade AQUÍ ou na imaxe para escoitalo!


3:01 minutes (2.76 MB)

QUENTANDO MOTORES PARA O SAMAÍN

Incrible a recopilación de recursos que o Equipo TIC do cole elaborou para este Samaín e para o Magosto. Unha escolma completa e, sobre todo, do máis diversa e integradora! Con actividades para todos e todas. Botádelle unha ollada pinchando AQUÍ e AQUÍ e tamén nas imaxes e nos arquivos adxuntos.

 

A ARTE DE CONTAR UN CONTO

O feito de contar un conto non é un mero entretemento infantil, realmente é moito máis.

A través do conto regalámoslle aos nenos/as un universo desde o que interpretar e comprender a realidade que os arrodea, e tamén a chave para comprenderse e interpretarse a sí mesmos/as.

No día de hoxe, @s nen@s de 5 anos disfrutaron dunha agradable sesión de contacontos con Laura, logopeda en "O meu gabinete". O conto escollido foi "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros.

 

A historia do coelliño branco reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños xa que o protagonista atopa a súa casa ocupada por unha enorme cabra, despois de ir recoller coles á horta.

Na busca de axuda atópase con diversos animais que rexeitan enfrontarse á cabra e só a formiga é capaz de facer xustiza.

Grazas Laura, por introducir na aula as cuestións enriba mencionadas e por non esquecer o papel do antagonista que fixo reflexionar aos nen@s sobre as boas e malas accións formulando preguntas como: a cabra pórtase ben? Está ben ocupar a casa de alguén? a formiga bota da casa de boas maneiras á cabra? poderíase solucionar doutra forma?

Revista As Brañas 22-23

Outro ano máis, convidamosvos a botar unha ollada a nosa revista anual " As Brañas" na que se recollen algiunhas das actividades levadas a cabo este curso. Grazas a profesorado e alumnado pola vosa participación. 
 
Esperamos que vos guste! 
 
 
 
 

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

Do 24 ao 28 de abril celebrarase a Semana do Libro e a Lectura.


O Concello de Carballo oferta actividades moi interesantes para tódolos cativ@s. Descargade o tríptico e a volantina nos arquivos adxuntos onde veredes o programa de actividades. 

O CEIP Plurilingüe A Cristina tamén colaborou na exposición. Se subides á primeira planta da Biblioteca Rego da Balsa atoparédesvos cun impresionante recuncho onde se atopan algúns dos traballos do noso alumnado. Lembrade que se as familias desexades ver a exposición polas tardes debedes poñervos en contacto coa Biblioteca Rego da Balsa para reservar.

 O noso alumnado asistirá ás seguintes actividades a vindeira semana:

  • Martes 25: o alumnado de 1º nivel de educación primaria asistirá ao espectáculo "Rockeando con Ramona Pequena" de Pakolas e en horario de 12:00 h a 13:00h.
  • Mércores 26: o alumnado de 6º nivel de educación infantil asistirá ao espectáculo "E a ti... que che chontaban?" de Vero Rilo en horario de 11:30 h a 12:30 h.
  • Venres 28: o alumnado de 5º nivel de educación primaria asistirá ao espectáculo "A ovella e o lobo e o año e a ovella" de Celso Fernández Sanmartín de 10:00 h a 11:00 h. Neste mesmo día, o alumnado de 3º nivel de educación primaria asistirá ao espectáculo "Aprende maxia" de Mago Marco tamén no mesmo horario. 

 

SAÍDA AO MELGA

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º nivel de educación primaria visitou o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) da man de Ricardo Pérez y Verdes, home polifacético onde os haxa, antigo seleccionador de voleibol, mestre do INEF e apaixoado do estudo da evolución histórica do xogo e do deporte a través dos tempos e das civilizacións antigas.

 

XOGOS POPULARES

Vivan os recreos activos!

Hai que ver como disfrutou o alumnado de 1º e 2º nivel de primaria cun obradoiro de xogos tradicionais.

Participaron en:

  • Carreiras de sacos

  • Pelexas de chapas: onde tiñan que intentar sacar do círculo as chapas dos compañeiros/as.

  • Encestar pelotas nunha tina.

 

  • Catro en liña, tres en raia...

 

VISITA DE ANA MEILÁN

No día de hoxe os máis cativ@s do centro disfrutaron dunha sesión de contacontos a cargo da contadora de historias Ana Meilán. Moitas ganiñas tiñamos de tela con nós xa que as súas obras son unha referencia na literatura infantil. 

"Bágoas debaixo da cama" é unha historia moi emotiva sobre as emocións e as rabechas. Se pinchades na imaxe poderedes acceder ao vídeo.

 

 

 

DÍA DA POESÍA

Que acto tan emotivo o de hoxe! Carla Trigo e Hugo García foron os magníficos condutores da inauguración do xardín adicado a Rosalía de Castro que tivo lugar arredor das 12:30 h da mañá e contou ca presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e da alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e doutras personalidades.

O alumnado do centro asistiu á actuación de Larraitz Urruzola actriz que, cunha boneca de Rosalía, repasou os momentos máis emotivos da vida da poetisa. 

Logo, o noso alumnado recitou en voz alta o poema "A xustiza pola man" xunto con outros versos que el@s mesm@s elaboraron con todo o seu agarimo.

 

Distribuir contido