Actividades

SAMAÍN SAUDABLE

O vindeiro luns día 17 o alumnado de terceiro e cuarto seguirá sumando receitas. Ollade o que van preparar!

NOVAS RECEITAS DE SAMAÍN SAUDABLE

O alumnado de primeiro elaborou unhas arañas de avena e coco, mentres que os/as cociñeiros/as de segundo empregaron o micro para facer un mug cake de plátano e chocolate. Uuuuummmm! Delicioso!!

Chuches terroríficas sen azucre

 

Noraboa ao alumnado de 5º nivel de educación infantil por esta receita tan saborosa!!

SAMAÍN E MAGOSTO

Ola a todos e todas! Como xa sabedes o 28 de outubro celebrarase no noso centro a festividade de Samaín e de Magosto, por fin sen restricións pola COVID 19! 

 

Este ano realizaremos a merenda de castañas asadas e xogos tradicionais relacionados ca temática das castañas. 

 

Dende o EDLG elaborouse un tríptico con información relativa ó magosto e a información nutricional das castañas, para a promoción de estilos saudables de vida, xa que garda especial relación co proxecto de centro titulado “MEDRANDO EN SAÚDE”. Ademais, celebraranse durante todo o mes diferentes talleres sobre merendas terroríficas e saudables da man de “Atelier Arabela”.  

 

Por último, pero non menos importante, para a decoración do centro solicitamos colaboración entre as familias para elaborar máscaras terroríficas na casa.

 

Acordádevos que o día 28 de outubro podedes asistir ao centro vestidos ca vosa roupa máis terrorífica. 

 

Un saúdo!

 

Tríptico Magosto EDLG


Leer más publicaciones en Calaméo

Samaín saudable

Botállede unha ollada ao que van preparar os/as cociñeiros/as de 1º e 2º de primaria este luns. Riquísimo!!!

Obradoiros de Samaín Saudable.

Este luns deron comezo os obradoiros de "Samaín Saudable". Os/as cociñeiros/as foron os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil que elaboraron unhas deliciosas piruletas terroríficas que, ademais de sans, conforman un dos doces apropiados para esta época.

Samaín saudable

Dentro das actividades programadas para celebrar o Samaín, este luns día 3 de outubro comezará, sen dúbida, a máis apetitosa. En colaboración con "Arabela, atelier de doces" levaranse a cabo obradoiros de cociña dirixidos a todo o alumnado nos que se experimentará con novas receitas e ingredientes, dende unha perspectiva saudable e intentando introducir novos sabores. Botádelle un ollo á primeira receita xa que, se vos resulta de interese, poderedes realizala na casa. Sen dúbida, será un Samaín delicioso!

AS BRAÑAS 2021-2022

Xa está aquí a nosa revista que publicamos cada ano dende o curso 2011-2012: "AS BRAÑAS". Nela recóllense moitas das actividades que fomos levando a cabo no noso centro ao longo do curso. Para a súa elaboración contamos coa axuda de todo o alumnado e profesorado do centro.

Invitámosvos a que lle botedes unha ollada.

 

CONCURSO RADIO NA BIBLIO 2022

Este curso tamén participamos co alumnado de 3º de educación primaria no concurso "Radio na Biblio" convocado por bibliotecas escolares.

Nesta ocasión preparamos e gravamos un podcast sobre animais da nosa contorna e poesías de tradición oral sobre eles.

Queredes escoitalo? Pinchade na fotografía.

 

21 de marzo DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA DA POESÍA e para esta celebración pedimos a colaboración das familias para que participaran dende as súas casas achegando vídeos onde apareceran recitando poesías seleccionadas por elas para así compartilas co resto da comunidade educativa.

Estamos moi agradecidos polas achegas e a participación. O resultado de todas estas achegas poderedes velo no seguinte vídeo.

Queremos agradecervos moitísimo a vosa participación!!!!! Moitísimas grazas, os vídeos son fantásticos!!!! BRAVO!!!!

 

CONCURSO DO DESEÑO DO CARTEL DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

Un ano máis o noso centro participou no concurso convocado conxuntamente pola  Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade  para o deseño do cartel do día 8 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

A través deste concurso preténdese fomentar a promoción da igualdade e dar visibiliddade a contribución das mulleres nos distintos ámbitos así como promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade e as causas e a orixe da discriminación de xénero.

Todo o alumnado de primaria participou e elaborou distintas propostas grazas a mestra de educación artística: Malena. De todas as propostas só se podían escoller dúas (unha para cada categoría). Nos carteis elaborados intentouse transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

No seguinte vídeo, amenizado coa canción das Tanxugueiras: "Que non mo neguen", queremos compartir con vós todos os carteis elaborados polo noso alumnado de educación primaria.

ROSALÍA DE CASTRO #SementandoPensamentos

O día 23 de febreiro celébrase o nacemento dunha das nosas figuras máis importantes da nosa cultura: ROSALÍA DE CASTRO.

Ao longo destas semanas todo o alumnado do noso centro estivo traballando sobre a autora seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos as propostas consistiron en:

- O alumnado de educación infantil, 1º e 2º ciclo de primaria pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro. En cada pétalo escribiron unha palabra dalgún dos seus poemas ou algunha que lles gustara especialmente.

- O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria tamén pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro pero en cada pétalo escribiron un verso de Rosalía de Castro. Ademais o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recitaron poemas da autora, o alumnado de 5º e 6ºA de educación primaria elaboraron uns HAIKUS e o alumnado de 6ºB escribiron e interpretaron un RAP.

Queremos compartir con todos vós este fantástico traballo. Para acceder pinchade nas imaxes que aparecen a continuación:

- VÍDEO DOS PENSAMENTOS acompañado DO RAP ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6ºB:

- ALUMNADO DE 3º E 4º EP RECITANDO A ROSALÍA:

 

 

 - HAIKUS ALUMNADO DE 5ºEP:

 

 - HAIKUS ALUMNADO DE 6ºA

 - RAP DO ALUMNADO DE 6ºB:

DÍA DA RADIO: 13 DE FEBREIRO

Dende o ano pasado temos a sorte de contar na nosa escola cunha radio e como o vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio gravamos para a ocasión uns podcasts co alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

As alumnas e alumnos de gravaron os contos da Rata Luisa e os de fixéronlle unha entrevista á mestra Sonia sobre unha das súas paixóns: a música tradicional.

Esperamos que desfrutedes tanto escoitándoos como nós o fixemos preparándoos e gravándoos.

Pinchade na imaxe para escoitar cada un dos podcasts.

 

 

 

PERSOAS RELEVANTES POLA LOITA POLA PAZ

O alumnado de 6º e 5º de educación primaria levaron a cabo unha investigación sobre persoas relevantes na loita pola Paz. A continuación deixámosvos cos seus traballos e uns podcast que expoñen o seus traballos. Escanea os códigos QR para escoitalos.

 

  

 

ROSCO do DÍA DA PAZ

Para a conmemoración do Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA preparamos este rosco de palabras para ver cantas palabras coñecedes que gardan relación coa temática.

Pensamos que era boa idea, xa que en colaboración co Equipo de Convivencia todos os alumnos e as alumnas do centro tamén escribiron nunha pluma unha palabra que para eles e elas representaban a PAZ. Con todas elas despois elaborarase a pomba da paz de Picasso.

Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido