Skip to Content

Aula 4

TRABALLAMOS A ATENCIÓN

Ola bo dia!! Como os alumnos e alumnas da Aula 4 gústanos moito traballar cos animais, deíxovos neste enlace unha actividade onde podedes traballar o vocabulario e a vosa atención.

Teredes que recoñecer e sinalar o animal que se vos pide e por último adiviñar que animal é o que se repite. É un xogo moi divertido seguro que volo pasades xenial!!. Unha aperta a todos e todas

"XOGAMOS"

Ola bo dia!! Como os alumnos e alumnas da Aula 4 facemos sesións moi divertidas ca pizzarra electrónica, e debido as circunstancias que estan ocorrendo no podemos utilizala.

Deíxovos neste enlace a actividade que utilizamos para facer quebracabezas. Unha aperta para todos e todas.

https://www.juegosinfantilespum.com/rompecabezas-puzzles/index.php

COÑECEMOS MAÍS A PRIMAVERA

Ola bo dia!! Para continuar traballando maís aspectos da primavera deíxovos neste enlace unha actividade onde podemos ampliar o noso coñecemento desta estación.

Neste caso tedes que recortar e pegar unha imaxe similar á que se vos pide na primeira páxina. Veredes que son características típicas da primavera como son os animais, o arco da vella....

Asi os alumnos e alumnas da Aula 4 continuamos traballando esta estación do ano e facéndoo dunha forma divertida. Cortando e pegando. Unha aperta para todos e todas.

"A PRIMAVERA"

Ola bo día!! Como chegou a primavera e os nenos e nenas da Aula 4 traballamos as estacións do ano, neste enlace déixovos un pequeno contro sobre esta estación do ano.

Ademais de ser moi divertido axúdanos a entender que roupa imos a levar nesta época do ano, asi como o tempo atmosférico que fai, os alimentos que comemos e tamén que animais aparecen maís nesta época e como se comportan.

Por último decir que contamos con pictogramas para que nos sirva de axuda. Unha aperta a todos e todas.

FACEMOS A COMPRA

Ola bo dia!! Debido a que seguimos neste período de tempo nas nosas casas, continuamos traballando nunha de esas actividades que podemos facer todos e todas cas nosas familias. Como é ir o mercado.

Neste enlace deíxovos unha manualidade para que os alumnos da Aula 4 poidan elixir os alimentos que se lle piden en dúas listas da compra. Para facela temos que cortar os alimentos e pegalos en cada carro da compra.

Como axuda temos varios pictogramas para que todo sexa maís doado. Unha aperta a todos e todas!!

IMOS O MERCADO

Ola bo dia a todos e todas!! Nestes momentos que debemos estar nas nosas casas e como só podemos saír para facer certas accións, unha das cales é facer a compra todos e todas en familia. Neste enlace temos a oportunidade de facer a compra dunha forma recreativa.

Ademais contamos ca axuda de pictogramas e dunha axuda verbal para seleccionar o alimento que elixamos. Deste xeito os alumnos e alumnas da Aula 4 seguimos ampliando o noso vocabulario e xenerando aprendizaxes noutros contextos da nosa vida cotiá. Unha aperta para todos e todas.

Distribuir contido


by Dr. Radut