Skip to Content

Recursos

MAIS RECURSOS SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO

Aquí vos deixamos uns recursos que nos fixeron chegar os compañeiros do CEE Nosa Señora do Rosario. Tratan sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero e a súa obra: As pitas baixo a choiva.

Grazas por compartir. Agardamos que vos gusten  

CANCIÓNS E CONTOS INFANTÍS EN GALEGO

DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA DEIXÁMOSVOS UNHA RECOPILACIÓN DE CANCIÓNS E CONTOS EN GALEGO, MOITOS DELES XA TRABALLADOS COA INTENCIÓN DE QUE SEXAN UNHA FONTE DE ESTÍMULO E RECORDOS PARA O NOSO ALUMNADO.

CANCIÓNS

“ O ARCO DA VELLA”:  https://www.youtube.com/watch?v=uGQ_2EWer4s      

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Aquí vos deixamos un recopilatorio de cancións, contos  e outros materiais adaptados que  se elaboraron no CEE MIÑO para que podades ter máis recursos á hora de traballar o DÍA DA PAZ. Agardamos que os disfrutedes co alumnado e vos sexan de utilidade...

 

A CANCIÓN DE SABELA

Recén saidiña do forno aquí está: A CANCIÓN DE SABELA

De momento pouco vos podemos contar...só adiantarvos que estamos traballando con ela de cara ó fin de trimestre!!!

Ten moito ritmo e é moi pegadiza así que animádevos a ir aprendéndoa!!!

 

TENDAS E PRODUTOS

Hoxe pola mañá atopei un material que pode ser de moita utilidade para o que estamos traballando este curso e que podedes descargar no documento adxunto.

Trátase de vocabulario sobre algunhas tendas e os produtos que se poden atopar nelas.

RECURSOS LETRAS GALEGAS: ANTÓN FRAGUAS

Perico e Piruleta estiveron investigando polas redes e atoparon dististos materias que se poden empregar esta semana para traballar o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e a súa obra: Antón Fraguas.

Distribuir contido


by Dr. Radut