Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e no CEE Miño participamos desta conmemoración cunhas actividades na biblioteca do noso colexio. Perico e Piruleta contáronnos un conto titulado "O camiño" e, a continuación, colaboramos na creación do material para a nosa próxima curtametraxe animada, baseada neste libro. Xa tedes algunhas pistas, polo que agora toca esperar á estrea, que anunciaremos proximamente!

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NO OBRADOIRO DE APRENDEMOS MEDRANDO NO SEGUNDO TRIMESTRE

Unha vez rematado o segundo trimestre queremos compartir esta montaxe onde recollemos en fotos distintos momentos que vivimos e experimentamos no obradoiro de aprendemos medrando.

 

DÍA DA ÁRBORE, DA POESÍA E DA AUGA

 Compartimos un vídeo resumo da nosa celebración no Día da árbore, a poesía e a auga. 

EF - Os pedais no ximnasio

 

Á espera de que chegue a nosa bicicleta adaptada, no ximnasio, durante a sesión de EF, utilizamos este material semellante aos pedais dun vehículo. No video podedes ver a A. da aula 10 utilizándoo coas mans e cos pés. 

ESTREAMOS CURTAMETRAXE: "Perico coñece o Entroido no CEE Miño"

 

Querida comunidade educativa: estamos felices de presentarvos esta nova curtametraxe, titulada "Perico coñece o entroido no CEE Miño".
Nela, o alumnado do centro preséntalle a nosa mascota Perico o senlleiro entroido da provincia de Ourense, durante unha parada que este realiza de camiño a Compostela.
Parabéns a todos/as que participaron na realización: alumnos/as, mestres/as, etc. Agardamos que vos guste!

21 DE MARZO, DÍA DA SÍNDROME DE DOWN

Con motivo do Día da Síndrome de Down, os rapaces da aula 3 traballaron estes libros que nos deron na Asociación Down de Ourense. O que máis nos gustou foi o dos Bolechas. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut