Skip to Content

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2023

Aquí vos deixamos un vídeo resumo no que se recollen as actividades que fixemos no cole o luns día 30 de xaneiro para conmemorar o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR.

Por unha banda, cada aula decorou un faroliño de papel para botalo a voar. Tiña que utilizarse a mesma palabra e cor que se empregou o Día da Discapacidade. Resultou unha actividade moi atractiva para o alumnado que amosaron moita curiosidade e ledicia ao ver voar os seus faroliños.

Para rematar fixemos a inauguración das escaleiras do hall que desde ese mesmo día lucen cun texto moi fermoso pegado en vinilos e que é moi inspirador para o día a día.

Ademais nas distintas aulas foron variadas as actividades que se levaron a cabo.



blog | by Dr. Radut