Skip to Content

Blogues

Preparamos o entroido

Ola familias! Xa queda moi pouco para o entroido, por iso, na nosa clase estamos a empezar a traballalo. Abraham disfrazouse de Galego, Milito de osiño e a profe Vane de sevillana. A profe Lucía e Lía axudáronos xa que estamos a preparar un fermoso vídeo onde van saír todos os nosos compañeiros do colexio. Estade atentos!

 

Feliz fin de semana familias!

Con este fermoso sorriso, desexámosvos unha feliz fin de semana.

Preparamos as Pombas da Paz

Como xa puideron ver, no colexio celebramos o Día da Paz. Milito e Abraham pintamos, coa axuda da Profe Vane, as súas pombas. E quedaron xenial! 

Feliz cumpleanos Abraham

Hoxe na aula 9 estivemos de celebración! Abraham cumpre 14 aniños. Moitas felicidades! Todos os teus profes querémoste moito.

EF PFB - Primeiros raquetazos!

 

Fai uns días, os alumnos/as do PFB probaron a xogar coas raquetas de tenis na sesión de EF.

Polo ben que o fixeron xa o primeiro día, non podemos mais que felicitarlles! Isto promete!

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ

O pasado xoves día 28 de xaneiro xuntámonos todos e todas para levar a cabo o acto de conmemoración do DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ.

Este acto tivo lugar no auditorio do colexio.

Previamente, toda a semana, nas distintas aulas fixéronse diversos traballos e actividades en relación a dita conmemoración.

Distribuir contido


by Dr. Radut