Skip to Content

blogue deLucas

VISITA POLICÍA LOCAL

Boa tarde familias¡

Hoxe para comezar a semana tivemos a visita da policía local, que fixo a delicia dos nosos alumnos e alumnas cos seus coches, motos, luces e sereas.

Coma sempre deixamos un video con algunha imaxe do día, ata a próxima¡¡¡

BECAS MEC ALUMNADO CON NEE CURSO 23-24

Boa tarde familias¡¡¡

Ven de publicarse recentemente polo Ministerio de educación y formación profesional a convocatoria de becas e axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo correpondente ao vindeiro curso 2023-2024.

Deixamos así mesmo a información da convocatoria e tamén o ficheiro coa convocatoria das axudas.

MAIOS 2023

Bo día familias¡¡¡

o Venres pasado celebramos a festa dos maios no noso cole. Entre todos fixemos e decoramos a boneca do libro "O branco non pinta" co que levamos traballando todo o curso.

Tamén algún profe animouse a cantar os maios no patio. Coma sempre, deixamos un video con algunha imaxe do día. Ata a próxima.

DÍA DO LIBRO 2023

Boa tarde Familias!!!

Este mes de abril vimos celebrando o día do libro no cole realizando entre todos diferentes actividades.

O pasado martes pintamos unha serie de imaxes dos libros que traballamos.

 

Deixámosvos un video con algunha imaxe do día que vai acompañado dunha canción que realizamos entre varios compañeiros do centro. 

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR

Boa tarde Familias¡¡

Seguindo coa información, hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do programa de respiro familiar correspondente a este ano 2023.

Deixamos o enlace da convocatoria a vosa disposición así como o arquivo adxunto correspondente.

DÍA DA POESÍA 2023

Bos días Familias,

esperando que estedes a pasar unhas boas e merecidas vacacións, enviamos un video da celebración que fixemos no cole do día da poesía presentando e lendo o libro "Nobelo de Luz¨ da escritora lalinense Charo Golmar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut