Skip to Content

blogue deLucas

RADIO VELLE

Hoxe 13 de febreiro, aparte de ser martes de entroido, celébrase o día mundial da radio, ese pequeno aparato que hai cada vez en menos casas. 

Por elo, publicamos a primeira entrevista realizada por Radio Velle  a Manuel Penín na súa recente visita ao centro. Esperamos que vos guste e atentos a próximas publicacións.

ATA SEMPRE ADRI

Hoxe cumplirías 16 anos Adri, pero durante estas vacacións de nadal tivemos a triste nova do teu falecemento. Conmocionados aínda, quixemos facer unha pequena homenaxe e recordo do teu paso polo cole.

Aproveitamos tamén para mandar todos os ánimos posibles a túa familia, que pode contar con nós sempre que queira e aos teus amigos e mestras.

FESTA NADAL 2023

Bo Nadal familias¡¡

Esperando que estedes disfrutando dunhas merecidas vacacións, deixámosvos un video da festa que fixemos o último día no cole para festexar o trimestre e o nadal. 

Disdrutade, descansade e vémonos o ano que vén¡¡¡

OBRADOIRO APRENDEMOS MEDRANDO 1º TRIMESTRE

Bo día familias

Deixámosvos un video resumo do ben que o pasamos no obradoiro Aprendemos Medrando durante este 1º trimestre.

Esperamos que vos guste e seguir desfrutando o mesmo polo menos á volta do nadal.

VISITA PISCINA EIROÁS DECEMBRO 2023

No día de onte, 14 de decembro, vimos de visitar a piscina de Eiroás co terceiro e último grupo deste trimestre. Coma sempre, pasámolo estupéndamente. 

Deixámosvos un video con alguna imaxe do día. Esperamos que vos guste.

GRADUACIÓN 2023

Bo día Familias

A última semana do curso celebramos a graduación dos alumnos que nos dexian este curso, Marta Yerai e Ángel.

Compartimos con eles un fermoso acto no que lembramos o seu paso polo centro, levaron algún agasallo e sobre todo, démoslle unhas grandes apertas para que non se olviden de nós.

Distribuir contido


by Dr. Radut