Gallego

Estadías Formativas en Empresas 2013

Summary: 

Na convocatoria do 2013 realizáronse 6 estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional, xestionadas polo CAFI.
Gallego

Dende o pasado mes de abril ata finais do mes de xullo, 6 docentes pertencentes a diferentes familias profesionais da FP de centros no ámbito do CAFI, participaron na modalidade formativa de Estadías Formativas en Empresas.

Un dos requisitos para recibir certificación na actividade é o de elaboración dunha actividade de aplicación directa á aula nalgún dos módulos dos ciclos formativos relacionados coa actividade da empresa elixida. As actividades presentadas á finalización de cada estadía son avaliadas pola Comisión de Estadías Formativas.

As que se consideran máis relevantes dende o punto de vista educativo e do aproveitamento na aula serán postas a disposición do profesorado de FP no apartado de descarga de recursos da aplicación online de elaboración e xestión de programacións do Servizo de Ordenación e FP.

 

 

Familia profesional

Ciclo

Módulo

Empresa

Localización

Servizos Socioculturais e á comunidade

CS20001 Animación sociocultural

Desenvolvemento Comunitario

Associação Humanidades

Lisboa (Portugal)

Administración e xestión

CSADG01 Administración e finanzas

Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa

NICVA

Belfast (Reino Unido)

Química

CSQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade

Ensaios Biotecnolóxicos

Biopolis SL

Paterna (Valencia)

Hostalaría e turismo

CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos

Venda de servizos turísticos

Viajes Carrefour

A Coruña

Hostalaría e turismo

CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos

Xestión de produtos turísticos

Congrega SL

A Coruña

Agraria

CMAGA04 Aproveitamento e conservación do medio natural

Aproveitamento do medio natural

Tenzas SC

Lugo

 

estadiasok
estadiasok

G1301006: Programación orientada a obxectos para plataformas web con PHP e MySQL

Summary: 

Curso en rede para o profesorado de FP para a familia de Informática e Comunicacións. Nel profundizarase na linguaxe de programación PHP empregando o motor de bases de datos de código aberto MySQL, para a programación de páxinas web dinámicas e aplicacións web.
Gallego

Unha das novidades do plan anual de formación do profesorado de FP para a familia de Informática e Comunicacións é o curso en rede Programación orientada a obxectos para plataformas web con PHP e MySQL.

O obxectivo deste curso é profundar na linguaxe PHP, empregando un estilo de programación orientado a obxectos, tendo en conta as tecnoloxías máis empregadas na elaboración de páxinas web dinámicas e aplicacións online, coma son o motor de bases de datos de código aberto MySQL e a linguaxe XML.

Como novidade o titor irá actualizando os apuntamentos nunha wiki externa á aula virtual, de xeito que poidan facerse cambios e incluír as suxestións dos participantes. Ao remate da actividade, colgarase na Aula Virtual a documentación elaborada na wiki en forma de varios documentos pdf.

A actividade estenderase durante 6 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que o titor propoña. Como axuda estará dispoñible a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na wiki. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que o titor estableza.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Contidos do Curso

  1. Fundamentos da linguaxe PHP: sintaxe, tipos de datos, variables, operadores,  estruturas de control, funcións, arrays.
  2. Programación orientada a obxectos en PHP: modelo de obxectos, atributos e métodos, membros da clase, construtores e destrutores, herdanza, clases abstractas, interfaces, métodos máxicos, trazos, excepcións, espazos de nomes.
  3. PHP e bases de datos MySQL.
  4. Definición de documentos XML: XML Schemas.
  5. Expresións XPath.
  6. Transformacións XSLT.

 

G1301006: Programación orientada a obxectos para plataformas web con PHP e MySQL

Data de comezo: 28 de outubro de 2013
Data de finalización: 8 de decembro de 2013
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 30 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54376
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2228

 

programacion php
programacion php

G1301006: Programación orientada a obxectos para plataformas web con PHP e MySQL

Gallego

Data de comezo: 28 de outubro de 2013
Data de finalización: 8 de decembro de 2013
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 30 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54376
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2228

Data: 

28/10/2013 - 08/12/2013

Sección: 

G1301012: Fundamentos de hidráulica convencional

Gallego

Data de comezo: 14 de outubro de 2013
Data de finalización: 20 de novembro de 2013
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 30 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54384
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2227

Data: 

14/10/2013 - 20/11/2013

Sección: 

G1301012: Fundamentos de hidráulica convencional

Summary: 

Actividade en rede dirixida ao profesorado de FP da familia profesional de Transporte de Mantemento de Vehículos.
Gallego

Aínda que en cursos anteriores xa houbera cursos de formación do profesorado de FP sobre Hidráulica e Pneumática, esta nova actividade xorde tras detectar a necesidade entre o profesorado da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos de afondar na teoría básica da Hidráulica.

Os titores, que teñen unha ampla experiencia tanto na formación presencial e a distancia de profesorado, deseñaron unha actividade cunha parte inicial teórica e completada con prácticas de simulación de circuítos hidráulicos cun software especializado. A intención é que as actividades e materiais que estarán dispoñibles na aula virtual poidan ser de proveito para os participantes para trasladalo á aula.

A actividade estenderase durante 6 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

G1301012: Fundamentos de hidráulica convencional.

Data de comezo: 14 de outubro de 2013
Data de finalización: 20 de novembro de 2013
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 30 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54384
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2227

 

hidraulica
hidraulica

S1301022: Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP

Summary: 

Cun enfoque práctico, esta actividade formativa pretende amosar ao profesorado de FP formas de innovar na aula para acadar un ensino mais eficaz e unha maior participación do alumnado, repasando os diferentes aspectos da práctica docente no contexto da formación profesional.
Gallego

Unha das novidades do plan anual de formación de profesorado 2013-14 é o curso presencial "Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP". Dende un enfoque práctico, esta actividade formativa pretende amosar ao profesorado de FP formas de innovar na aula para acadar un ensino mais eficaz e unha maior participación do alumnado, repasando os diferentes aspectos da práctica docente no contexto da formación profesional:

  • Modos de avaliar aos alumnos e a propia práctica docente.
  • Dinámicas para organizar, motivar e controlar o traballo dos alumnos na aula.
  • Ferramentas, estratexias e recursos para o ensino na FP.

O curso é e caracter presencial e se celebrará no CAFI. Ademais terán lugar 4 edicións en paralelo, nos CFRs de Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña.

As 6 sesións das que consta o curso distribuíronse ao longo do primeiro trimestre, os martes pola tarde. O intervalo de tempo entre as sesións, ten por obxecto dar tempo ao profesorado participante a poñer en práctica parte do aprendido, ou alo menos a reflexionar sobre a súa propia metodoxía docente.

 

24/9/2013

17:30-20:30

Metodoloxías docentes innovadoras
  • Os compoñentes básicos do método docente:
    • Metodoloxía tradicional fronte á metodoloxía innovadora
    • A selección do método
    • As técnicas didácticas
    • Os recursos didácticos
    1. Materiais convencionais
    2. Materiais audiovisuais
    3. Novas tecnoloxías
    4. Outros recursos

8/10/2013

17:30-20:30

Dinamización do traballo na aula
  • As dinámicas de grupo aplicadas á formación
  • Características e funcionamento dos grupos.
  • Técnicas de formación de grupos
  • Dinámicas para gran grupo
  • Dinámicas para pequeno grupo
  • Elección das técnicas:
    1. Técnicas de presentación.
    2. Técnicas divisorias.
    3. Técnicas para fomentar a participación.
    4. Técnicas de planificación.
    5. Técnicas de discusión e obtención de ideas
    6. Outras

22/10/2013

17:00-21:00

Estratexias para afrontar a diversidade do alumnado: o sociograma.
  • Introdución á sociometría
  • Utilidade do sociograma na aula
  • Fases na elaboración do sociograma
    1. Elaboración do cuestionario do docente
    2. Elaboración do cuestionario para o alumnado
    3. Recollida e análise de datos
    4. Interpretación dos resultados

5/11/2013

17:30-20:30

Metodoloxías de avaliación da FP
  • Instrumentos y técnicas de avaliación segundo os obxectivos e tipos de aprendizaxe
    1. Técnicas e instrumentos para avaliar coñecementos teóricos
    2. Técnicas e instrumentos para avaliar habilidades e destrezas
    3. Técnicas e instrumentos para avaliar comportamentos e actitudes

19/11/2013

17:00-21:00

Aula 10

Traballo cooperativo e por proxectos.
  • Delimitación do concepto didáctico de proxecto.
  • Estratexias de traballo cooperativo
  • Xestores de proxecto: concepto e clasificación
  • Aplicación didáctica: utilización dun xestor nun proxecto.

26/11/2013

17:30-20:30

A autoavaliación da práctica docente.
  • Avaliación da acción formativa
    1. Avaliación dos obxectivos
    2. Avaliación dos contidos
    3. Avaliación da metodoloxía
    4. Avaliación das actividades e recursos
    5. Avaliación do formador
  • Instrumentos para la avaliación das competencias docentes

 

Data de comezo: 24 de Setembro

Data de finalización: 26 de Novembro

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Número de horas totais: 20 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54401

 

metodoloxia fp

G1301016: Formación profesional a distancia III: titoría virtual.

Gallego
Data de comezo: 25 de Setembro
Data de finalización: 18 de Outubro
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 15 horas

Data: 

25/09/2013 - 18/10/2013

Sección: 

G1301015: Formación profesional a distancia II: plataforma de formación.

Gallego
Data de comezo: 2 de Setembro
Data de finalización: 20 de Setembro
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 15 horas

Data: 

02/09/2013 - 20/09/2013

Sección: 

S1301022: Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP

Gallego
Data de comezo: 24 de Setembro
Data de finalización: 26 de Novembro
Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación
Número de horas totais: 20 horas

Data: 

24/09/2013 - 26/11/2013

Sección: