Conferencia final do Proxecto “ICT Go-Girls" 15 de outubro de 2014 [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 13/10/2014 - 11:07Conferencia final do Proxecto “ICT Go-Girls" 15 de outubro de 2014
Gallego
O proxecto ICT-Go-Girls! "Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC" (www.ictgogirls.eu [2]) celebra o próximo mércores día 15 de outubro a súa conferencia final en Amberes, na que será posible participar en directo a través de web. A lingua da conferencia será en inglés para facilitar a súa difusión por toda Europa.
Nesta conferencia participarán destacadas mulleres do ámbito do emprendemento e as TIC a nivel europeo, presentaranse tamén os resultados e experiencia do proxecto europeo, no que participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela, así como a Consellería de Cultura, Educación e O.U e diversos centros educativos de Galicia como CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro de Santiago, entre outros. Presentarase tamén o manual práctico para centros educativos, dispoñible en 5 idiomas, entre outros en español.
O evento terá dúas partes: na primeira, dende ás 9:00 ata ás 11:35, será posible participar de forma interactiva dende calquera PC con conexión a Internet mínima de 1Mb, e un navegador actualizado. Poderanse enviar preguntas e comentarios en directo aos/ás relatores/as mediante a web da Conferencia final.
Os participantes no evento recibirán o manual práctico para os centros educativos en formato papel + recursos en CD. Pódense inscribir nesta web para participar en todo ou parte do evento, a título individual ou como centro: http://ictgogirls.eu/?q=es/node/124 [3]
A axenda da parte retransmitida do evento será a seguinte:
Mércores 15 de outubro:
• 9.00 - Welcome and opening of the conference. (General Director of CVO Antwerpen)
• 09.15 –9:45 Girls, Entrepreneurship and ICT. Personal perspective (Saskia Van Uffelen, CEO of Bull Belox and ICT Woman of the Year in Belgium 2011).
• 09.45 –10:15 Woman 4 Woman initiative. Girls, leadership and ICT (Lindsey Nefesh Clarke, founder and Manager of Woman 4 Woman initiative).
• 10.15 -10:40 ICT-Go-Girls project and its products (Maria R Malmierca, CESGA, ICT-Go-Girls! Project coordinator)
• 10.40 -11:00 Why do women not opt for being leaders in ICT? (Lil Reif, Researcher. Danube University, Austria)
• Break
• 11.15 – 11:35 ICT-Go-Girls experience taken to schools. Aheadteacher's view. (Milagros Trigo, K-12 school headteacher, CPI O Cruce, Spain).
Calquera dúbida ou consulta sobre este evento, escríbanos ao cesga: Cecilia (e-learning@cesga.es [4])

CAFI [5]
CFR Coruña [6]
CFR Ferrol [7]
CFR Vigo [8]
CFR Pontevedra [9]
CFR Lugo [10]
CFR Ourense [11]