Programa PIALE. Modalidade 1. Fase A
O programa PIALE da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está ao servizo do profesorado galego para mellorar a súa competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira a través de distintos itinerarios.
Mér, 19/06/2013 - 12:12
Vén de rematar a fase A da Modalidade 1 do Programa PIALE, que se celebrou no CAFI para a zona de Santiago. Durante esta fase, profesorado especialista de infantil ou primaria e profesorado AICLE/CLIL de primaria ou secundaria recibiu 75 horas de formación en inglés a cargo de especialistas da escola oficial de idiomas.