Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor

Como cada ano, celebramos no 23 de abril o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor coincidindo coa conmemoración da morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega
Lun, 21/04/2014 - 23:18
Imaxe para o día do libro 2014 na que Mafalda é o símbolo representativo.
Imaxe para o día do libro 2014 na que Mafalda é o símbolo representativo.
Port Harcourt cidade nixeriana capital mundial do libro 2014
Port Harcourt cidade nixeriana capital mundial do libro 2014
50 anos de MAfalda
Imaxe representativa dos 50 anos de Mafalda

Imaxe representativa dos 50 anos de MafaldaComo cada ano, celebramos no 23 de abril o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor coincidindo coa conmemoración da morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
E tamén, como cada ano, publícase a mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova: “A historia da palabra escrita é a historia da humanidade”.
A UNESCO escolleu a Mafalda, personaxe de banda deseñada creada por Quino, como símbolo desta celebración cunha exposición,na súa sede en París, sobre "a célebre nena pacifista e contestataria" aos seus 50 anos.
Outras iniciativas da UNESCO nesta data serán a presentación da publicación "Reading in the Mobile Era" sobre a lectura e os dispositivos móbiles. E a presentación do concurso "Debuxar a portada do teu libro” destinado a estudantes con idades comprendidas entre os seis e os 13 anos.
Port Harcourt, cidImaxe representativa da declaración da cidade nixeriana Port Harcourt como cidade mundial do libro 2014ade nixeriana do delta do Níxer, en Nixeria, será a Capital Mundial do Libro por un ano.

En conmemoración desta data a Asesoría de Bibliotecas Escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito de Paco Martín no 30 aniversario da publicación do seu libro As cousas de Ramón Lamote.

Aquí, na nosa terra, destacamos a iniciativa #EngalegoLeo de fomento da lectura en galego organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). A participación é aberta a todo o mundo e consiste en compartir na rede social Twitter, mediante a etiqueta #engalegoleo, recomendacións de lectura en galego.