Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 21/04/2014 - 23:18Como cada ano, celebramos no 23 de abril o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor [2]coincidindo coa conmemoración da morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
E tamén, como cada ano, publícase a mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova: “A historia da palabra escrita é a historia da humanidade” [3].
A UNESCO [4] escolleu a Mafalda [5], personaxe de banda deseñada [6] creada por Quino [7], como símbolo desta celebración cunha exposición,na súa sede en París, sobre "a célebre nena pacifista e contestataria" aos seus 50 anos [8].
Outras iniciativas da UNESCO nesta data serán a presentación da publicación "Reading in the Mobile Era" sobre a lectura e os dispositivos móbiles. E a presentación do concurso "Debuxar a portada do teu libro” destinado a estudantes con idades comprendidas entre os seis e os 13 anos.
Port Harcourt, cidade nixeriana do delta do Níxer, en Nixeria, será a Capital Mundial do Libro por un ano.
En conmemoración desta data a Asesoría de Bibliotecas Escolares [9], da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito de Paco Martín [10] no 30 aniversario da publicación do seu libro As cousas de Ramón Lamote.
Aquí, na nosa terra, destacamos a iniciativa #EngalegoLeo [11] de fomento da lectura en galego organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). A participación é aberta a todo o mundo e consiste en compartir na rede social Twitter, mediante a etiqueta #engalegoleo, recomendacións de lectura en galego.


