Adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación

Xov, 27/02/2014 - 08:15

Publicada a adxudicación provisional dos destinos acadados no concurso de traslados entre persoal funcionario docente, convocado pola Orde do 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro)

De acordo co establecido na base vixésimo oitava da Orde  do 16 de outubro de 2013, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente, poderase presentar reclamación e renuncia á resolución provisional no prazo de dez días naturais desde o seguinte á súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Para consultar a resolución provisional, unha vez autenticados na aplicación CXT, ir ao menú "Listaxes de concurso" , submenú "Listaxes de resolución".

As reclamacións e renuncias deberán ser presentadas no Rexistro,  e despois poderanse remitir por fax ou correo electrónico.

Primaria

Secundaria