Adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación [1]
Enviado por administrador a Xov, 27/02/2014 - 08:15Publicada a adxudicación provisional dos destinos acadados no concurso de traslados entre persoal funcionario docente, convocado pola Orde do 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro)
De acordo co establecido na base vixésimo oitava da Orde do 16 de outubro de 2013, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente, poderase presentar reclamación e renuncia á resolución provisional no prazo de dez días naturais desde o seguinte á súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Para consultar a resolución provisional, unha vez autenticados na aplicación CXT [2], ir ao menú "Listaxes de concurso" , submenú "Listaxes de resolución [3]".
As reclamacións e renuncias deberán ser presentadas no Rexistro, e despois poderanse remitir por fax ou correo electrónico.
Primaria
- Fax: 881999241
- Correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es [4]
Secundaria
- Fax: 981545484
- Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es [5]