FAQ-FSE

Convocatoria 2020/21

1. Que centros poden participar?

Os seguintes centros públicos dependentes desta consellería: CEIP, CEP, CPI e IES.

2. Como se seleccionan os centros?

O procedemento e os criterios para realizar a selección dos centros, en réxime de concorrencia competitiva, serán os establecidos en cada convocatoria.

3. Cantas liñas se poden solicitar?

Entre 1 e 3.

4. Cal é o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria 2020/21?

O prazo vai do 7 ao 25 de setembro de 2020.

Amplíase o prazo de solicitude ata o 30 de setembro.

5. Como se solicita a participación?

Primeiro, introducindo os datos na aplicación informática habilitada para tal fin. Terá acceso á creación da solicitude a persoa responsable da dirección do centro ou persoa autorizada co usuario @edu.xunta.es. A ruta é a seguinte:

  • Programas de éxito educativo  > Convocatoria 2020/21 > SELECCIONAR (na parte inferior esquerda)
  • No menú da esquerda premer en LISTAXE DE PROGRAMAS > seleccionar Iniciativa Arco > premer SOLICITAR (na parte inferior esquerda) > CREAR
  • A continuación seleccionar a/s liña/s que pretende desenvolver o centro. Premer novamente en GARDAR e, seguidamente, pulsar PRESENTAR E EDITAR O PROXECTO. Deste xeito, abrirase unha nova páxina onde deberá cubrir todos os campos obrigatorios da/s liña/s solicitada/s.

Non esqueza ir gardando os datos para evitar perdelos no caso de que caduque a sesión.

TEÑA EN CONTA ESTAS INDICACIÓNS:

No apartado c) Alumnado ao que vai destinada esta actuación (especifique nº de alumnado), debe rexistrar UNICAMENTE o nº de alumnos que recibirán o reforzo (non o alumnado total do nivel). Por exemplo: se en 4º A o reforzo irá dirixido a 4 alumnos/as e en 4º B o reforzo será para 5 alumnos/as, no cadro Alumnado 4º EP (alumnado total) deberá anotar 9.

Recorde que ese alumnado non poderá superar a terceira parte do alumnado total matriculado nese grupo.

6. Que documentación ten que custodiar o centro?

a) A documentación que xera a aplicación en pdf, logo de introducir os datos solicitados, e que deberá selar, asinar e custodiar no centro (Anexo I coa solicitude). Non é preciso enviala por ningunha vía (correo electrónico, correo ordinario, Rexistro...).

b) Toda a documentación derivada do cofinanciamento polo PO do Fondo Social Europeo 2014-2020.

7. Onde se publicará a información da Resolución desta convocatoria?

Na sección de Anuncios do portal educativo e no sitio web de ARCO, apartado Documentación.

8. Como se pode realizar unha reclamación e/ou renuncia?

Unha vez rematado o proceso de valoración das solicitudes, a comisión fará pública a resolución provisional, que se difundirá no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal) e no apartado Documentación da páxina web de ARCO (http://www.edu.xunta.gal/portal/arco/).

A publicación da resolución provisional abrirá un prazo de tres días hábiles para efectuar reclamacións e/ou renuncias, dirixidas á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria. Para a presentación das reclamacións ou renuncias poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

As renuncias realizaranse a través dunha certificación da dirección do centro na que figure de xeito explícito a renuncia á adxudicación e, se é o caso, as causas que motivan esta renuncia.

Finalizado o prazo de reclamacións e renuncias, e unha vez revisadas e resoltas estas, a comisión de selección elevará a proposta definitiva á persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

9. Que duración ten o programa?

A data de inicio do programa publicarase unha vez resolta a resolución definitiva de centros seleccionados.

10. Contarán os centros educativos con recursos extraordinarios para o desenvolvemento do programa?

Os centros disporán de máis recursos humanos para o desenvolvemento das liñas 1, 2 e 3.

Na liña 1 destinarase un total de 460 docentes a media xornada, sendo un (1) o número máximo de mestres e mestras a asignar a cada centro seleccionado. Con carácter xeral asignarase un/ha docente das especialidades de educación primaria ou pedagoxía terapéutica a media xornada.

Na liña 2 destinarase un total de 244 docentes a media xornada sendo un (1) o número máximo para cada centro seleccionado. Excepcionalmente, para aqueles centros que agrupen as materias de 1º ESO en ámbitos, poderase dotar con dous docentes a media xornada, un para cada ámbito de coñecemento. O profesorado adxudicado será de ensino secundario dos ámbitos lingüístico e social e matemático e científico así como profesorado da especialidade de pedagoxía terapéutica.

Na liña 3 destinarase un total de 244 docentes a media xornada sendo un (1) o número máximo para cada centro seleccionado. Excepcionalmente, para aqueles centros que realicen agrupamentos específicos de alumnado en 4º ESO, poderase dotar con dous docentes a media xornada, un por cada ámbito de coñecemento.O profesorado adxudicado será de ensino secundario dos ámbitos lingüístico e social e matemático e científico.

As adxudicacións realizaranse a través dos chamamentos ordinarios de substitucións das listaxes de ensino primario ou secundario.

11. Profesorado adxudicado nas diferentes liñas.

O persoal docente asignado considerarase membro do claustro e, polo tanto, debe participar nel tendo en conta os seus dereitos e obrigas como docente.

A intervención directa co alumnado deberase integrar no horario lectivo semanal do grupo-clase.

O horario complementario empregarase para a coordinación docente, participación nas sesións do claustro, coordinación co equipo docente de cada grupo e co departamento de orientación, actividades formativas propostas polo centro e/ou a Administración educativa, así como a atención e coordinación coas familias en colaboración coa persoa titora do grupo, baixo as directrices da xefatura de estudos.

O profesorado adxudicado a cada liña estará identificado, tanto en Xade como na aplicación de Arco, con nome, apelidos e DNI. Debe rexistrarse no momento de incorporación ao centro.

12. Alumnado participante nas diferentes liñas.

O profesorado asignado realizará o reforzo, na aula ordinaria, unicamente ao alumnado seleccionado en cada grupo-clase para participar na Iniciativa ARCO. Este alumnado non poderá superar a terceira parte do alumnado total matriculado nese grupo e estará identificado, tanto en Xade como na aplicación, con nome, apelidos e DNI ou, no seu defecto, o código Xade. A persoa titora encargarase de informar á familia deste reforzo.

A identificación na aplicación do alumnado participante farase do 1 ao 6 de outubro, ambos incluídos.  O prazo para realizar esta xestión amplíase ata o venres 9 de outubro. 

En Xade farase unha vez estea nomeado o/a docente asignado/a ao programa.

Aclaración para incorporar o alumnado na aplicación:

A ruta é a seguinte: Programas de éxito educativo > convocatoria 2020/21 > seleccionar > Listar solicitudes > premer no icono    

No caso dos centros solicitantes da Liña 1 deben proceder como segue:

- se o alumnado é de 4º EP asignalo ao Grupo 1

- se o alumnado é de 5º EP asignalo ao Grupo 2

- se o alumnado é de 6º EP asignalo ao Grupo 3

No caso dos centros solicitantes das Liñas 2 e/ou 3, todo o alumnado debe asignarse ao Grupo 1.

13. Rexistro en XADE do alumnado destinatario.

Debe rexistrarse en Xade o alumnado asignado ao programa Arco seguindo as instrucións sobre creación de subgrupos que se recollen no apartado Documentación da páxina web de Arco.

Aclaración á creación de subgrupos en Xade:

- en Nome do subgrupo deben poñer: Arco - Liña ... (1/2/3) - Curso e grupo (ex.: 5º A) – OP 2018

- en Descrición deben poñer: Alumnado reforzo Arco - Liña... (1/2/3) - Curso e grupo (ex.: 5º A) – OP 2018

- unha vez creado o subgrupo deben crear unha nova sesión para el. A ruta é: Grupos Simples -> seleccionar grupo -> horario -> sesión (por exemplo Luns 9:00 LCL) -> darlle ao signo + e engadir unha sesión asignándoa ao subgrupo.

14. Memoria das accións ARCO desenvolvidas no curso 2020/21.     

O profesorado asignado cubrirá, no prazo establecido ao efecto, na aplicación de ARCO a memoria para a súa inclusión na memoria do centro, especificando os aspectos máis relevantes do desenvolvemento do programa, xunto cunha valoración dos seus resultados. Non é necesario enviala por ningún outro medio.

A persoa directora, ou persoa autorizada, é quen terá acceso á aplicación a través da súa conta de correo electrónico @edu.xunta.es. A ruta é a seguinte: programas educativos > Programas de éxito educativo > convocatoria 2020/21 > premer Seleccionar >  Iniciativa Arco > Memoria (no menú da esquerda) > símbolo da lupa.

Deberá ir cubrindo todos os campos que se lle solicitan, sen esquecer premer de cando en vez en Gravar e Continuar para evitar que caduque a sesión.

Para finalizar, a persoa directora debe premer en REMATAR E ENVIAR. A memoria figurará, entón, en estado Rematada.

15. Documentación asociada á xustificación do Fondo Social Europeo.

Os centros docentes deberán cumprir coas obrigas derivadas do cofinanciamento polo Fondo Social Europeo de acordo co establecido no apartado undécimo da Resolución do 30 de xullo de 2020. Dentro destas obrigas figura a de “Xestionar e custodiar a documentación necesaria para a xustificación da/s liña/s consonte co que estableza a Administración educativa”.

Toda a documentación, tanto de carácter informativo como de rexistro, é prescritiva e debe levar a imaxe identificativa co texto "O FSE inviste no teu futuro".

Poden acceder a ela no menú da dereita (pestana Documentación).

16. Sobre a aplicación informática:

  • Onde está a aplicación? Nesta ligazón.

  • É necesario utilizala? Si. É imprescindible porque toda a xestión da convocatoria desenvólvese a través dela.

  • Quen pode introducir os datos na aplicación? A persoa directora ou persoa autorizada (a través da aplicación Autoriza).

  • Hai que presentar unha solicitude por cada actuación? Non. Cada centro presentará unha única solicitude, independentemente do número de liñas que solicite.

  • Pódese realizar modificacións sobre a solicitude? Si, sempre dentro do prazo de solicitude. Con todo, cómpre ter a precaución de gardar os cambios e xerar e custodiar no centro a última solicitude xerada.

  • Os cadros de texto teñen unha extensión limitada? Si, todos. Cómpre ter a precaución de introducir o texto das caixas sen exceder a capacidade destas. No caso de datos numéricos NON SE DEBEN POÑER DECIMAIS. Cando sexa preciso, redondearase o decimal ao enteiro máis próximo. Tampouco poñer o símbolo da porcentaxe.

  • Son definitivos os datos que introduzo no programa? Non. O programa poderase ir completando nos prazos que determine a asesoría de programas educativos co fin de axustar os datos incorporados aos requirimentos da convocatoria.