Comunicados
A nosa compañeira e coordinadora da biblioteca, Teresa Araújo, elaborou unha presentación moi útil onde resume as posibilidades de acceso e servizos que ofrecen as bibliotecas dixitais, tanto do Ministerio de Cultura como da Xunta. Seguro que nos axudará a toda a comunidade educativa a atopar novas e interesantes lecturas. Moitas grazas, Teresa.
Como todos os anos, o verán é época para facer arranxos e melloras no centro. Este curso estamos mellorando o aillamento térmico e acústico das aulas de 2º bacharelato, as máis frías do centro por situación e orientación. Aproveitaremos para cambiar a iluminación por outra máis moderna e optimizada. -> Confort térmico e visual e aforro enerxético. #traballando_pola_sostenibilidade
Achégase o calendario de avaliacións e entrega de cualificacións para 2º de bacharelato.
Un ano máis organizamos a Feira das Profesións 2024 en colaboración cos departamentos de orientación dos IES de Ames e Brión. Nesta edición contaremos con máis de 40 expositores entre os que se atopan centros que imparten ciclos formativos de FP, universidades, corpos e forzas de seguridade, profesionais independentes de distintos campos, empresas e administracións públicas. Este ano, como novidade, contaremos cun espazo no que terán lugar diversas charlas de orientación ás que o alumnado poderá asistir libremente se son do seu interese.
A feira terá lugar no pavillón polideportivo de Brión o xoves 4 de abril, e aparte de alumnado poderá asistir libremente o público xeral e as familias pola tarde entre as 16:00 e 18:30 horas. As 18:30 horas terá lugar o acto de clausura coa presenza das alcaldías dos tres concellos e representación das direccións dos centros organizadores.
Animámosvos a que visitedes a Feira pola tarde en familia, que de seguro vos axudará na toma de decisión da futura traxectoria académica e/ou profesional dos vosos fillos.
Hoxe tivo lugar o sorteo para entrar na sección bilingüe de Xeografía e Historia de 3º ESO. A gran demanda por parte do alumnado, que superaba o límite previsto, fixo que fose necesario recurrir a un sorteo para adxudicar as prazas.
Proximamente abrirase o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso 2023-2024 do alumnado de ESO e Bacharelato. É moi importante que respeten no posible o seguinte calendario e horario para evitar aglomeracións e axilizar o proceso. A data límite será en todo caso o 7 de xullo.
Alumnado que vai cursar
- 1º ESO : (Apelidos de A-L) : 4 de xullo || (Apelidos de M-Z) : 5 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, fotocopia DNI pai e nai, 2 fotos actuais)
- 2º ESO : (Apelidos de A-L ) : 28 de xuño || (Apelidos de M-Z) : 29 de xuño
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual)
- 3º ESO : 3 de xullo ( A-G de 9:30 a 11:00 / H-P de 11:00 a 12:30 / Q-Z de 12:30 a 14:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
- 4º ESO : 27 de xuño ( A-F de 9:30 a 11:00 / G-O de 11:00 a 12:30 / P-Z de 12:30 a 14:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
- 1º BAC : 30 de xuño ( A-G de 10:00 a 11:00 / H-R de 11:00 a 12:00 / S-Z de 12:00 a 13:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 fotos actuais, resgardo do abono do seguro escolar)
- 2º BAC : 26 de xuño ( A-G de 10:00 a 11:00 / H-R de 11:00 a 12:00 / S-Z de 12:00 a 13:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
SOBRES DE MATRÍCULA
Os sobres están dispoñibles en conserxería. Aparte do impreso de matrícula inclúen o impreso para o pago do seguro escolar, impreso de inclusión en alerta escolar
Lembramos que o alumnado a partir de 3º ESO e ata os 28 anos de idade, ten que aboar o Seguro Escolar Obrigatorio (1,12 euros)
IMPRESOS DE MATRÍCULA A EFECTOS INFORMATIVOS
Achégase calendario de fin de curso.
O último día de clase, mércores 21, o alumnado de 1º e 2º de ESO devolverá o equipo EDIXGAL limpo e en perfectas condicións (ordenador, cargador , lápis e maletín con arnés). O ordenador será revisado e actualizado e lle será entregado de volta no inicio do curso 23-24. Se algún alumno cambia de centro tamén terá que entregar a caixa do ordenador e un documento de devolución asinado pola familia.
Igualmente o alumnado ten que devolver en correcto estado todos os libros de texto que lle foran prestados polo fondo de libros ou polos departamentos. Lembramos que a correcta devolución dos libros e material que lles fora prestado este ano é condición indispensable para poder participar no fondo solidario de libros ou recibir o equipo EDIXGAL no vindeiro curso. Tamén se devolverán as chaves da taquilla para ter dereito á devolución da fianza, e os libros que se colleran prestados na biblioteca.
SESIÓNS DE AVALIACIÓN: martes 16 de maio pola tarde
PUBLICACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS: martes 16 de maio as 21:00h por AbalarMóbil
REVISIÓN DE EXAMES : xoves 18 de maio de 10:00 a 14:00h
En caso de desacordo con algunha cualificación é necesario falar co profesor/a da materia . Unha vez recibidas as aclaracións e de persistir o desacordo pódese presentar escrito de reclamación en secretaría segundo o modelo e prazos seguintes
RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS DE 2º BAC: 18 e 19 maio ata as 14:00h
COMUNICACIÓN DA RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS : 22 de maio
MATRÍCULA ORDINARIA ABAU : 18 a 19 de maio
DÍAS DAS PROBAS ABAU: 6,7 e 8 de xuño
O alumnado interesado en presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato (prazo de solicitude ata o 25 de maio) ten toda a información aquí.
-----------------------------------------------------
Modelo de reclamación as cualificacións finais de 2º BAC
Normativa do procedemento.
A Consellería de Educación avisa na súa páxina web da suspensión do transporte escolar mañá martes 17 pola tarde por mor da adversa situación meteorolóxica. Negreira pertence a zona INTERIOR DA CORUÑA.
O alumnado que teña materias suspensas de anos anteriores terá que presentarse aos exames nas datas citadas a continuación.
A primeira parte do temario das materias será examinada na quenda de xaneiro. O resto da materia será obxecto do exame da quenda de abril.