Ed. Física
Como sabedes, no instituto queremos fomentar o uso responsable da bicicleta, como medio de transporte cómodo, rápido e ambientalmente responsable, que pode ser axeitado para determinado alumnado nunha franxa de idade e que viva a unha distancia intermedia do centro.
Previo á celebración do Día da Bicicleta, quixemos facer unha enquisa para saber como ven o uso da bici os alumnos e as familias, e que aporten ideas para facer máis cómodo e seguro o seu uso. Creemos que os resultados poden ser de interese para o Concello de Negreira, asociacións e institucións varias, para que tamén traballen a prol do fomento do uso da bicicleta.
Os países máis avanzados promoven e facilitan o uso da bicicleta como medio de transporte diario, que conleva aforro económico, menos atascos, mellora a saúde da poboación e mellora a calidade do aire das poboacións nas que se incrementa o seu uso.
Incluso estase a debatir o feito de pagar á xente por usar a bicicleta como medio de transporte diario ao traballo (ver ligazón)
Aquí tedes os resultados da enquisa.
Qué bos consellos nos deixa o alumnado de 1°ESO. Traballando a alimentación na materia de Promoción de estilos de vida saudable da man do profesor Xoán Carlos Gantes. Intentaremos seguir as pautas que nos deixades!
Con motivo do día mundial da Auga (22 de marzo) o alumnado de 4º de ESO percorreu o "roteiro da auga potable" de Negreira, visitando o paseo do río Barcala, a captación da auga, a estación de potabilización, os depósitos e a depuradora de augas residuais. Unha actividade moi completa, na que contaron coas explicacións dos técnicos e coñeceron todos os procesos que fan posible que teñamos auga de calidade nas billas da nosa casa.
O dereito a auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, recoñecido polas Nacións Unidas, pero a día de hoxe millóns de persoas seguen sen ter garantido ese dereito, sufrindo enfermidades e mortes evitables. Por iso faise necesario de que sexamos conscientes do esforzo que supón garantir o acceso á auga potable e que non malgastemos ese recurso escaso e imprescindible
http://www.un.org/es/events/waterday/
A semana pasada iniciamos unha actividade nova. Os recreos dos martes e venres alumnado e profesorado combatimos xuntos o sedentarismo e guiados polo profesor Xoan Carlos Gantes realizamos unha serie de exercicios sinxelos que non precisan equipamento especial e poden facerse en calquera lugar. A prensa mostrou interese por esa actividade e aquí podedes leer a reportaxe que nos adica "El Correo Gallego".
Dous alumnos/as de 2º e 3º de ESO participan na final intercomarcal de Badminton en Serra de Outes.
O vindeiro día 16 de abril, o alumnado de 1º ESO asistirá a partir das 11:35 a un videoforum organizado pola Deputación da Coruña sobre muller e deporte, que terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural.
Alumnado de 2º de ESO participa no campionato escolar en Outes. Se queredes ver máís fotos, xa sabedes: "no feisbuc"
