IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

  

Bioloxía e Xeoloxía

Información do departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Ciclo de conferencias para alumnado de bacharelato

27/01/2022

Neste mes de xaneiro estamos a ter un interesante ciclo de charlas científicas e de orientación para o noso alumnado de bacharelato que abranguen temas tan interesantes como a elaboración dos manuscritos medievais, o tratamento e valorización das augas residuais, os principios de funcionamento e usos do laser, ou o impacto medioambiental da industria. Non deixamos de insistir en que un gran nicho do traballo no futuro está na reciclaxe, recuperación de materias primas, e reducción de impacto medioambiental. Tamén tivemos unha charla específica para alumnado de 2º de bacharelato sobre a realización das ABAU e orientación para a escolla dos seus estudos universitarios. Grazas a todos os poñentes, profesores e catedráticos da USC: Anuska Mosquera, Francisco J. Pena , Sandra Piñeiro, Raúl de la Fuente  e Almudena Hospido.

 

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Últimas novas
  • Física e Química
  • Matemáticas
  • Tecnoloxía
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 1 adxunto
  • Calendario

Ciclo de conferencias para alumnado de bacharelato

27/01/2022

Neste mes de xaneiro estamos a ter un interesante ciclo de charlas científicas e de orientación para o noso alumnado de bacharelato que abranguen temas tan interesantes como a elaboración dos manuscritos medievais, o tratamento e valorización das augas residuais, os principios de funcionamento e usos do laser, ou o impacto medioambiental da industria. Non deixamos de insistir en que un gran nicho do traballo no futuro está na reciclaxe, recuperación de materias primas, e reducción de impacto medioambiental. Tamén tivemos unha charla específica para alumnado de 2º de bacharelato sobre a realización das ABAU e orientación para a escolla dos seus estudos universitarios. Grazas a todos os poñentes, profesores e catedráticos da USC: Anuska Mosquera, Francisco J. Pena , Sandra Piñeiro, Raúl de la Fuente  e Almudena Hospido.

 

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Física e Química
  • Matemáticas
  • Tecnoloxía
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 1 adxunto
  • Calendario

Día internacional do medio ambiente

05/06/2021

Para celebrar o Día do Medio Ambiente no Xulián Magariños o alumnado de FPB deseñou e plantou un horto escolar e o alumnado de ESO dirixido pola profesora Carmen Vales fixo un estudo sobre o lixo atopado nos arredores do centro e redactou unhas interesantes propostas de mellor que sen dúbida teremos en conta. Grazas a todos/as

A NOSA HORTA: Cultivaremos produtos de tempada e de xeito ecolóxico

 

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Comercio
  • Matemáticas
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • CB FP
  • 4 adxuntos
  • Calendario

Coñecendo a contorna. Actividades do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

19/05/2021

 

Durante este mes de maio o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e o de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de bacharelato fixemos unha serie de saídas á contorna coa fin de fortalecer os contidos impartidos en clase relacionados coa ecoloxía, rama científica da bioloxía.

Nunha das saídas, dirixidos por Sergio Vázquez (alumno do Prácticum do Máster Universitario en Profesorado de ESO), fixemos un estudo da biomasa árborea das explotacións forestais e dos bosques situados preto do noso centro educativo. Empregando un metro e un clinómetro caseiro, tomamos unha serie de medidas, coas cales posteriormente, usando a tanxente trigonométrica e outros cálculos xeométricos, estimamos a biomasa dunha serie de árbores. Finalmente, con esta mostra de datos individuais de cada árbore calculamos cal sería a biomasa para unha parcela enteira. Este estudo, pois, permitiunos repasar, amais de conceptos da materia de bioloxía, diversos conceptos  matemáticos.

Noutra saída abordamos o estudo do rego de Doumes, situado preto do Instituto. Seguindo directrices do Proxecto Ríos, organizado pola asociación ecoloxista galega ADEGA, analizamos diversos factores abióticos, tales como a temperatura, pH, caudal, turbidez, dureza da auga, así como a concentración de nitritos, nitratos e cloro. Ademais disto estudamos a presenza de diversas especies que actúan como bioindicadores do estado da saúde ecolóxica dos ríos.

Unha vez analizados todos os datos, tanto os factores abióticos como os bioindicadores, chegamos á conclusión de que o estado deste ecosistema é sobresaínte. É unha gran noticia e esperamos que no futuro siga así. 

Santiago Rodríguez. Profesor do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • 2ºBAC
  • 4ºESO
  • 3 adxuntos
  • Calendario

Definitivamente, temos un problema!

10/02/2021

Segunda tanda de traballo na Auditoría medioambiental do centro. Transcorridos dous meses dende a última limpeza, os alumnos recolleron máis de 10 bolsas de residuos que estaban espallados polos patios e xardín. Principalmente trátase de envases de plástico, como xa o demostrou a análise dos residuos atopados na primeira fase do traballo.
Definitivamente temos un problema recorrente con este tipo de envoltorios. Precisamos de máis concienciación (non só no centro, tamén no entorno familiar e social. Non se trata só do feísmo ou do problema medioambiental que xeran:  pensemos que a maioría dos alimentos que estaban envoltos neses plásticos non son o que os expertos en nutrición consideran nutricionalmente correctos.
De novo moitas grazas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía por organizar este tipo de actividades, e facemos un chamamento as familias para que dialoguen e debatan cos seus fillos sobre esta problemática.

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • 3 adxuntos
  • Calendario

ECO-AUDITORÍA NO EXTERIOR DO NOSO CENTRO

22/12/2020

ECOAUDITORÍA DO LIXO NO PATIO

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía coordina a primeira ECO-Auditoría no centro. Participa o alumnado de 1º ESO dirixido de xeito voluntario por alumnado de 2º BAC.
Aquí vos deixamos a súa crónica da primeira xornada:


"Onte levouse a cabo a primeira actividade consistente no estudo do lixo acumulado no patio, e, a pesares de que o tempo non acompañaba, cabe salientar que o alumnado non cegóu no seu empeño e fixo unha exhaustiva recollida e clasificación do lixo nas diferentes fraccións para a súa reciclaxe. A fracción de lixo dominante foi o da bolsa amarela ( plásticos e metais) dos que destaca pola abundancia as bolsas de alimentos elaborados  (patacas fritas, gusanitos e semellantes, doces, chuches).
O propio alumnado quedóu sorprendido da cantidade de refugallos esparcidos polo entorno e sobre todo dos “alixos” escondidos nos arbustos e nos desaugues que estaban case atorados.
Tamén fixeron fincapé nos puntos de recollida de lixo: papeleiras, conterdores… indicando a localizción e estado de conservación.
Agora están a cubrir unha enquisa sobre os “Hábitos que ten cada un na xestión do lixo”.
Cando se procesen eses datos, o alumnado elaborará as propostas que poden contribuir á desaparición dese problema."

O Departamento de Bioloxía (e por extensión todo o centro) agradece a todo o alumnado participante o excelente traballo realizado e  desexamos  que esta pequena semente que plantamos hoxe, poida xermolar e medrar vigorosa ao longo do curso para que poidamos disfrutar dun entorno natural sen "adornos artificiais".

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • 1ºESO
  • Calendario

Hoxe xubílase un gran compañeiro e docente

30/09/2020

Despedimos hoxe con grande emoción a Pedro, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, un dos veteranos da plantilla docente do IES Xulián Magariños.

Pedro Núñez Ferreiro, excelente profesional e mellor compañeiro,  levaba con nós nada máis e nada menos que 28 anos. Tantos como tempo leva guiando ao noso alumnado nas saídas á natureza, das que é verdadeiro experto e entusiasta.

Desexámoste moita sorte nas túas futuras ocupacións. E que saibas que aínda que a situación sanitaria non o permite polo de agora, espérate unha boa comilona de despedida.

Unha aperta enorme!

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Comunicados
  • Calendario

Participamos no concurso Pilabot

O noso alumnado vai participar no concurso PILABOT de recollida de pilas usadas.

Como sabedes, as pilas e baterías son un residuo moi valioso e á vez moi contaminante polo que é preciso facer unha recollida selectiva e asegurarse de que sexan correctamente tratadas despois da súa vida útil.

POLO NOSO MEDIO AMBIENTE, polo futuro do noso planeta, vos pedimos que non tiredes esas pilas usadas de calquera maneira.

A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Medio ambiente, acaba de lanzar este concurso para concienciar aos rapaces da importancia de reciclar correctamente, así que por favor gardade esas pilas usadas e se llas dades ao noso alumnado éste se encargará de depositalas nun contenedor axeitado que virán a recoller o vindeiro mes. Ademáis dunha boa acción dende o punto de vista medioambiental podedes axudarnos a gañar un importante premio que revertirá en melloras no centro. Grazas pola vosa axuda!!

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Act. Complementarias
  • Últimas novas
  • Tecnoloxía
  • 1ºESO
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO

Concentración en defensa do noso planeta

27/09/2019

Verde ou negro? Como vedes o futuro do noso planeta?
Hoxe o alumnado escolleu cor e todos xuntos asistimos á lectura dun manifesto a prol da loita contra o cambio climático e o despilfarro enerxético.

Hai esperanza, pero todos temos que actuar xa e esixir dos nosos gobernantes un compromiso real para a reducción de gases de efecto invernadoiro.

 

O alumnado elaborou un precioso mural ...con solucións reais que entre todos podemos adoptar...
-Reduce o teu consumo de bens innecesarios
-Usa o transporte público
-Recicla
-Repara as cousas, non as tires
-Usa os folios polas dúas caras
-Dúchate en vez de te bañar...

de seguro que a vos se vos ocorren moitas máis. Compartídeas con nós.

 

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • 2 adxuntos
  • Calendario

DIA DO MEDIO AMBIENTE

06/06/2019

Con motivo do día do Medio Ambiente o alumnado de 1º de ESO participou nunha recollida colectiva de residuos plásticos. En menos dunha hora se recolleron 7 sacos grandes de restos de plásticos!

Ademáis inauguramos unha nova zona axardinada no recinto do centro que servirá como patio-xardín e prantamos varios árbores frutais que nos proporcionarán froita fresca e sombra.

  

 

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Vicedirección
  • Francés
  • 1ºESO
  • 4 adxuntos
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Xullo 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Novas

  • Curso 22-23
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 21-22
  • Curso 19-20

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016