Act. para pais e nais
O pasado venres 2 de febreiro tivo lugar unha nova actividade da Escola de Familias no centro, cun grande éxito de asistencia.
Grazas á financiación da ANPA -e coa colaboración do Concello de Negreira- contamos con José Torres, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra.
Foi unha xornada moi interesante na que aprendimos moitas ferramentas para poder guiar ás e os adolescentes na súa vida online e protexelos dos perigos que hoxe en día se poden atopar nas redes. Algunhas desas ferramentas atópanse no documento que se adxunta, que pode ser de interese tamén para aquelas familias que non puideran asistir á sesión do venres.
A semana do 24 ao 28 de abril terá lugar no centro a semana da orientación, con diversas actividades para alumnado e familias sobre orientación académica e vocacional.
Podedes ver o programa detallado no arquivo PDF adxunto. (DESCARGAR PROGRAMA SEMANA ORIENTACIÓN)
Trípticos informativos por materias en formato PDF para descargar
- Optativas do Dpto. de Xeografía e historia
- Francés segunda lingua
- Física / Química de bacharelato
- 3 ESO Cultura e lingua portuguesa
- 4 ESO Dixitalización // Economía // FOL // Música // Tecnoloxía
- 1 BAC Lit. galega do sec. XX // Literatura Universal // Música
- 2 BAC Empresa e modelo de negocio // TIC II // Música
O vindeiro venres 2 de febreiro ás 19:00 horas terá lugar unha unha nova sesión da Escola de Familias. Neste caso grazas á financiación da ANPA do centro contamos co experto en ciberseguridade José Torres. Consideramos que é una ponencia do máximo interese para todas as familias polo que recomendamos a asistencia á mesma, lembrando que teñen que inscribirse a través do correo : orientacion.ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal
O título da charla é "Condutas de risco online e ciberdelincuencia", e nela se abordarán as seguintes temáticas:
- Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos e protección da información.
- Xeolocalización e redes wifi
- Mensaxería instantánea móbil: whatsapp, telegram, etc.
- Ciberacoso: tipos, tratamento e prevención. Grooming, sexting, stalking, ciberbullying.
- Protección da intimidade e da privacidade
- Redes sociais
- Videoxogos
- Intelixencia artificial
- Metaverso.
José Torres é Experto Universitario en investigación da ciberdelincuencia. Diplomado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) como especialista en privacidade e seguridade nas Redes Sociais. Diplomado polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC) como especialista no análise de evidencias dixitais. Tamén foi membro do Consello Asesor do estudo de UNICEF sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia. Desde o ano 2006 é responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Guardia Civil de Pontevedra, e ten participado en numerosos proxectos de investigación, tales como o desenvolvemento da plataforma "VICUS", deseñada para a localización a nivel mundial de pornografía infantil nas redes P2P ou o programa "TWICUS", para a análisis e detección do ciberbullying en Twitter.
O vindeiro martes, 14 de setembro, pola tarde, terán lugar as tradicionais reunións informativas para as familias do alumnado de 1º ESO.
Debido á limitación de aforo do salón de actos obrigada polo protocolo sanitario, celebraranse en 3 quendas en correspondencia cos grupos de alumnado existentes pudendo asistir únicamente UNHA PERSOA por familia. Pregase que o alumnado NON asista á reunión xa que o día seguinte terán unha xornada de presentación específica. Os asistentes esperarán fora do centro ata ser chamados.
O horario será o seguinte
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO A : 18:00 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO B : 18:30 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO C : 19:00 horas
Poden consultar en que grupo está incluído o alumnado no seguinte documento de asignación de grupos
Sabemos que fan os nosos fillos e fillas co teléfono mobil con conexión a internet?
Este venres no salón de actos as 19:00 horas a xefa de estudos e a orientadora do centro falarán dos usos e abusos dos móbiles por parte dos adolescentes, onde en certos casos pode haber implicacións legais. Recomendamos especialmente a asistencia de pais, nais e titores legais do alumnado. Haberá unha posta en común e unha parte práctica polo que se recomenda traer un teléfono móbil intelixente (smartphone).