IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio

 

Premios e distincións

Premios e distincións

Parabéns ao noso alumnado, gañador en varios certames literarios e artísticos

22/05/2019

O talento do noso alumnado non deixa de darnos alegrías.  A alumna de 4º ESO , Iria Sánchez del Río foi premiada co 2º premio de narrativa no Certame Literario Concello de Ames, co relato titulado "O vestido vermello". Foron 176 traballos presentados así que moitos parabéns para Iria. O certame literario Concello de Negreira otorgou o 1º premio á alumna Lara López Suárez, que se presentou co conto "Atada por amor" , una fermosa historia que nos leva á época de Almanzor no ano 968 e na que se narra a historia de Subh, una concubina valente exemplo de superación e optimismo. O 3º premio foi outorgado a Andrea Losada, alumna tamén de 4º de ESO polo conto "As costureiras de Mondoñedo".

O alumnado do noso centro fixo pleno no certame de pintura do Concello de Negreira. Os tres premios da categoría 13-18 anos foron a parar a Paola Enjo, María Lista e Julián Rey, alumnos de 1º BAC, 1º ESO e 3º ESO respectivamente. Noraboa e que sigades a perfeccionar a vosa formación artística.

Moitos parabéns a este alumnado que demostra como traballando duro se consiguen os triunfos.

  

  • Premios e distincións
  • 1ºBAC
  • 1ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

O Club de debate do IES Xulián Magariños, outro ano máis, gañador da final galega

11/05/2019

O equipo do Club de Debate outro ano máis gaña a Gran Final Galega de Clubs de Debate. Noraboa ao alumnado participante, á preparadora Sara Porrit, a delegada do centro María José e a todos os participantes nesa festa da palabra. Queremos agradecer tamén o incondicional apoio dos compañeiros e familiares que acompañaron o equipo a Pontevedra.

Nova en "El  Correo gallego"

Nova na Voz de Galicia

  • Premios e distincións
  • Dinamización Lingüística
  • Lingua galega e Literatura
  • 1ºBAC
  • 4ºESO
  • Calendario

Revisión crítica dos nosos hábitos diarios

25/02/2019

Ao fio dun proxecto do departamento de Educación Física sobre reducir o excesivo peso das mochilas escolares recuperamos o interesantísimo traballo de  investigación sobre hábitos saúdables premiado hai dous anos no noso certame de Premio de Investigación Científica. Un interesante estudo que segue a estar mais vixente ca nunca e que foi elaborado por Alba García, Soraya Lorenzo, Alicia Fernández e Nerea Leis. Animámosvos a leelo con calma e facervos as preguntas que nel se facían.

No traballo se estudaban e aclaran aspectos coma:

-Hábitos de sono e descanso

-Hábitos alimentarios

-Tipos de alimentos saudables

-Tempo adicado ao exercicio físico

-Hábitos posturais

-Uso da mochila escolar

-Uso do móbil

-Consumo de tabaco e alcohol

 

CONSULTAR TRABALLO

 

  • Premios e distincións
  • 1ºBAC
  • 1ºESO
  • 2ºBAC
  • 2ºESO
  • 3ºESO
  • 4ºESO
  • Calendario

Dúas alumnas do centro seleccionadas no Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega

28/01/2019

Parabéns a dúas excelentes alumnas do noso centro, Inés e Lara, que o vindeiro ano cursarán 1º de bacharelato nun centro en EEUU ou Canadá xa que acaban de ser seleccionadas no programa de becas da Fundación Amancio Ortega!! CONGRATS!!!

  • Premios e distincións
  • 4ºESO
  • 1 adxunto
  • Calendario

Premio do II Concurso de pintura mural da Deputación da Coruña

10/01/2019

Parabéns a nosa alumna Alicia Romarís, gañadora do Concurso de pintura Mural da Deputación da Coruña. O xoves 10 de xaneiro tivo lugar un pequeno acto de entrega do premio no centro.

 

  • Premios e distincións
  • 1ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Convocado o Premio de investigación científica "Pilar Bermejo"

10/10/2018

Hoxe, durante o acto de inauguración do curso 18/19, presentouse o IX Premio de investigación do IES Xulián Magariños, este ano amadrinado por Dna. Pilar Bermejo Barrera, decana da facultade de Química da USC.

Este premio, dotado con 300 €, está destinado a alumnado do IES Xulián Magariños que estea cursando 4º ESO, Bacharelato ou ciclos formativos medio e superior. O prazo de entrega dos traballos rematará o 1 de maio de 2019.

Podedes consultar as bases no seguinte enlace.

 

 

  • Premios e distincións
  • Act. Complementarias
  • 1ºBAC
  • 2ºBAC
  • 4ºESO
  • CM FP
  • CS FP
  • 3 adxuntos
  • Calendario

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2017/18

01/07/2018
06/07/2018

O prazo de presentación de solicitudes rematará o venres 6 de xullo de 2018.

Para poder optar ao premio hai que ter rematado 4º ESO este ano cunha media global nos 4 cursos de ESO igual ou superior a 9.

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.

A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018.

CONSULTAR DOG 11 de maio coa convocatoria

  • Premios e distincións
  • 4ºESO
  • Calendario

Premio do programa "Apuntámonos a non beber" do Plan Proxecta

08/06/2018

Temos a comunicación oficial dun novo premio, esta vez no programa “apuntámonos a non beber” dentro do Plan Proxecta. Gañamos xunto co centro “irmán”, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, doble alegría. Parabéns a 1º ESO B e a súa titora polo bo traballo!!!

Aquí vos deixamos o traballo gañador, un excelente exemplo de contrapublicidade.

IMAXE ORIXINAL

IMAXE MODIFICADA

Contrapublicidade: Bacardí Mojito

Para esta campaña escollimos unha foto dun anuncio de ron da marca Bacardí, a bebida en cuestión chámase Bacardí Mojito.

En primeiro lugar quixemos facer un xogo de palabras co nome da propia bebida e por iso cambiamos o nome de "mojito" por "ojito" decorando a palabra con dous ollos de lince ben abertos. Estes representan o vulnerables que podemos chegar a ser se non "andamos con ollo" e nos deixamos levar polo alcol.

Por outra parte, chamounos a atención a beleza da protagonista do anuncio, unha muller xove e atractiva, cuns labios carnosos e unha lingua sensual. Substituimos a lingua sensual por unha serpe velenosa que simboliza os perigos do alcol. A serpe que escollimos é unha serpe bonita, pequena, non da medo, nin noxo, pero o veleno que leva dentro é tan destructivo coma a bebida alcólica que nos queren vender no cartaz. 

Por último, no anuncio orixinal poden verse os diferentes pasos para realizar un mojito. Nós cambiamos estes pasos por mensaxes estremecedoras sobre os efectos do alcol no organismo.

  • Premios e distincións
  • Orientación
  • 1ºESO
  • 2 adxuntos
  • Calendario

Máis premios

24/05/2018

MÁIS PREMIOS PARA O ALUMNADO DO IES XULIÁN MAGARIÑOS:

Premios de pintura ¨Negreira en cor¨ do concello de Negreira na categoría de 13 a 18 anos:

  • 1º premio - Laura Rodríguez Capeáns, pola obra A colleita de 1º ESO C
  • 2º premio - María Suárez Canoura, por Paisaxe de 3º ESO C
  • 3º premio - Paola Enjo Lueiro, coa obra Orange de 4º ESO A

Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas.

PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!!

  • Premios e distincións
  • Calendario

XV Certame literario de Ames

10/05/2018

Parabéns a Iría Sánchez Del Río de 3º ESO polo 3º Premio de narrativa na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) co traballo Noite de lóstregos.

Ligazón a noticia na web do Concello de Ames

  • Premios e distincións
  • 3ºESO
  • Calendario
  • 1
  • 2
  • 3
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

O noso centro

  • Localización
  • Oferta educativa
  • Horario xeral
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Historia
  • Quen foi Xulián Magariños
  • Contacta connosco

Eventos

« Decembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

 

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Educonvives
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016