Publicada a oferta de ciclos de Formación Profesional en Galicia e prazas dispoñibles para admisión.
Lembra que aquí no IES Xulián Magariños ofertamos un Ciclo Básico de Comercio e na familia de Informática e Comunicacións o ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes e o Ciclo Superior de Administración de sistemas informáticos en rede cunha gran demanda de profesionais.
Se te queres matricular en 1º curso dos nosos ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior ten en conta estes prazos, xa que tes que pasar un proceso de admisión. A presentación de solicitudes de admisión irá do 23 de xuño ao 5 de xullo as 13:00 horas!
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN EN https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37232
Con Chave 365 poderás encher rápidamente os formularios de solicitude do FONDO LIBROS e se queres, presentalos electrónicamente no rexistro electrónico da Xunta (SEDE VIRTUAL) xa que permite tamen asinar dixitalmente os documentos escaneados.
Recomendamos encarecidamente o uso de chave 365, pois é sinxelo e moi cómodo , aforrarás tempo e desprazamentos. Serviráche para a maioría de trámites e convocatorias que fagas coa Xunta de Galica. Non o deixes para o último día.
Ademáis de poder disfrutar relaxadamente dun bo libro no novo recuncho de lectura, non esquezades botar unha ollada ás obras dalgúns escritores ucraínos dispoñibles nos nosos fondos.
Adxúntanse as modificacións no PEC e as feitas polos departamentos nas súas programacións didácticas para adaptarse á Orde de 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de ed. primaria, ESO e de Bacharelato.
Honrados de que o noso ximnasio leve o nome de Alba Cuns Iglesias. Onte, nun emotivo acto, Alba procedeu a colocar a placa co seu nome na porta de acceso. Nese acto tamén estreouse un vídeo realizado pola profesora Leticia Riestra no que se recolle a súa traxectoria deportiva e persoal nestes anos.
É unha excelente alumna que se gradúa este ano en Bacharelato con matrícula de honra e como todos vós sabedes, tamén unha excepcional deportista cunha enorme proxección.
Alba é ademáis un exemplo de capacidade de traballo e sacrificio, e de que ese sacrificio ao final da os seus froitos.
Durante estes últimos anos o noso ximnasio foi parte clave dos seus entrenamentos, de ahí que pensemos que ningúen mellor que ela para darlle nome.
O IES Xulián Magariños na Galiciencia!! As profesoras Natalia Freire e Josefa Paulos coordinan os dous equipos que presentan os seus proxectos de economía circular na máis importante feira científica escolar de Galicia, un sobre contenedores SMART que fan reconto automático dos envases que teñen e envían un aviso por internet cando están cheos, e outro sobre "upcycling" de refugallo informático. "La Voz de Galicia" tamén menciona os nosos proxectos.
Orgullosos do noso alumnado. Hoxe queremos felicitar por partida triple:
1. a Eduardo Cabañas López, alumno de 2º ESO brillantemente clasificado para a final da Olimpiada Galega de Matemáticas a celebrar en Lugo a finais de maio. Moita sorte Eduardo!
(Queredes ver as probas as que se tiveron que enfrontar os participantes? Botade unha ollada a ver que vos parecen! #vivanasmates #matesdivertidas https://www.agapema.org/images/Fase_Zona.pdf)
2. aos gañadores e finalistas do II Concurso de relatos IES Xulián Magariños que tivo o pasado mércores a entrega de premios:
Categoría Bacharelato e ciclos
-1º Premio Paula Rodríguez Pais con "Un último vistazo"
-Accésit Iván Noya con "Mi amiga la luna"
Categoría 2º ciclo de ESO e FPB
-1º Premio Josué Fdo. Martínez Delgado con "La sala"
-Accésit Héctor Lago Esperante con "Vendetta Rossa"
Categoría 1º ciclo de ESO
-1ºpremio Jennifer Andrade Gorgal con "O día que o mundo foi noso"
-Accésit María Castro Andrade con "A protectora"
3. Aos membros do noso equipo do Club de Debate, Peripatéticos, que participaron brillantemente na fase final de competición en Pontevedra malia non poder acadar os postos de honra.
Hoxe inauguramos a exposición de fotografía matemática cunha selección das imaxes presentadas no III Concurso de fotografía "Matemáticas na contorna". Estará todo o mes de maio no vestíbulo do edificio principal.
As láminas están acompañadas duns textos explicativos elaborados polo profesorado do departamento de matemáticas que nos axudarán a interpretar os conceptos matemáticos mostrados nas imaxes. Grazas a todos, alumnado e profesorado participante e a quenes axudaron na montaxe final.
O sábado celebráronse no IES Afonso X O Sabio, de Cambre, os VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva. Foi unha alegría recuperar esta xuntanza despois de dous anos de pandemia. O noso alumnado (Josué, Odris, Antonio e Andrea) presentou a súa experiencia dos “Encontros Emocionais”, que teñen lugar unha vez ao mes coa guía da psicóloga Rocío Búa. Fixérono estupendamente, e coa axuda de Cristina, a nosa orientadora, responderon a un montón de preguntas que xurdiron entre o público.
Onte estivo con nós Roberto Vieito Raña, enxeñeiro informático e exalumno do centro, para falarnos de como podemos evitar perigos no uso de Internet e as redes sociais. As redes poden ser unha ferramenta maravillosa, que ofrecen moitas posibilidades de información, comunicación e ocio, pero tamén poden ser foco de noticias falsas, estafas, abusos etc.
Dentro do programa Navega con Rumbo, Roberto fíxonos un resumo das pautas máis efectivas para evitar a maioría deses efectos indeseados no uso das novas tecnoloxías.