A Consellería de Educación avisa na súa páxina web da suspensión do transporte escolar mañá martes 17 pola tarde por mor da adversa situación meteorolóxica. Negreira pertence a zona INTERIOR DA CORUÑA.
O alumnado que teña materias suspensas de anos anteriores terá que presentarse aos exames nas datas citadas a continuación.
A primeira parte do temario das materias será examinada na quenda de xaneiro. O resto da materia será obxecto do exame da quenda de abril.
Dentro da materia de Tecnoloxía e dixitalización, o alumnado de 1º ESO deseñou unhas felicitacións animadas de Nadal programando en Scratch. Había moitas moi orixinais e divertidas, pero como non temos espazo para todas, aquí vos deixamos unha pequena mostra. E unímonos aos bos desexos destes futuros programadores.
Raúl 1º ESO A
AROA 1º A
AITANA 1ºB
NAÍM 1ºC
Seis alumnas de bacharelato representaron ao IES Xulián Magariños como parte do xurado do Premio San Clemente de Narrativa. O acto tivo lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago o pasado xoves 3 de novembro. As alumnas deliberaron con representantes de varios institutos tanto de Galicia como de fóra da nosa Comunidade e despois deron a coñecer o nome dos gañadores nunha rolda de prensa. Mais tarde, xunto co resto dos membros do xurado, foron invitadas a unha comida no Casino de Santiago. Unha experiencia moi enriquecedora que se completará dentro duns meses coa cerimonia de entrega de premios, na que poderán coñecer persoalmente aos galardoados.
A prensa fíxose amplo eco da noticia, dada a importancia deste premio.
A memoria histórica e o hiperrealismo máxico imponse no Premio San Clemente Abanca con tres mulleres galardoadas (galiciaconfidencial.com)
El Premio San Clemente Abanca galardona en Santiago de Compostela a tres autoras (elespanol.com)
La memoria histórica y el hiperrealismo mágico se imponen en el Premio San Clemente Abanca con tres mujeres galardonadas (europapress.es)
Podedes consultar aquí as actividades previstas para o mes de novembro:
Experimentando coa arte aleatoria dentro da materia de Programación de 2º ESO
Volve de novo a fotografía ao Xulián Magariños. Se o ano pasado o tema do noso concurso fotográfico foi a fotografía matemática, este ano queremos ver a creatividade do noso alumnado aplicada a mostrar o patrimonio do concello de Negreira e do camiño de Santiago que por aquí pasa.
IV CONCURSO FOTOGRÁFICO IES XULIAN MAGARIÑOS
Patrimonio e Camiño de Santiago en Negreira
O concurso está aberto a participación de todo o alumnado do noso centro.
Prazo límite de presentación de fotografías o 15 de novembro.
RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA
Moitísimos parabéns á nosa ex-alumna Mencía Casas, que acaba de ser galardoada co Premio Extraordinario de Bacharelato xunto con outros 19 alumnos excelentes de toda Galicia. Todo un orgullo para o noso centro e a nosa vila.
TAQUILLAS
O alumnado de 1º ESO, 3º ESO C e 4º ESO dispón de taquillas nas aulas. En caso de que desexen facer uso delas deberán entregar este contrato cuberto e asinado ao tutor/a ou en secretaría do centro
Modelo de contrato para cesión da taquilla (2022-2023)
REPARTO DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
Xa se fixo entrega dos libros de texto de 2º e 4º ESO. Estamos a espera de recibir os libros dalgunhas materias de 3º ESO (que segundo nos comentan están en impresión aínda), para proceder ao seu reparto. Esperamos que sexa ao longo desta semana.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE EDIXGAL
No portal Espazo Abalar está dispoñible un folleto con toda a información para as familias
Convócase aos pais/nais de alumnado de 1º ESO a unha reunión informativa o vindeiro mércores 7. Para saber o grupo en que está encadrado o seu fillo/a poden consultar as listaxes de grupo no taboleiro de anuncios á entrada do centro.
O transporte escolar funcionará co horario habitual xa dende o día 8.
Lembramos que o alumnado de FP Básica e de Bacharelato terá a súa presentación o día 8 ás 9:35, polo que recomendamos que estea no instituto as 9:30 horas.
Prema na imaxe para cargar o documento orixinal PDF