Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2021/2022.
Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2021/2022, cursen ensinos postobligatorios con validez en todo o territorio nacional.
BENEFICIARIOS: poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas das seguintes ensinanzas:
-
Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias:
-
Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
-
Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
-
Ensinanzas artísticas profesionais.
-
Ensinanzas deportivas.
-
Ensinanzas artísticas superiores.
-
Estudios relixiosos superiores.
-
Estudios de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
-
Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.
-
Ciclos formativos de grao básico.
-
Ensinanzas universitarias.
SOLICITUDES: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es
Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos. Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.
O prazo é ata o 30 de setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios.