Orientación
CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DE OPINIÓN NAS REDES SOCIAIS
O día 15 de marzo grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Xosé Manuel Pacho Blanco, Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración, Doutor en Dereito, e avogado.
O obxectivo da charla foi achegar a cuestión da liberdade de expresión nas redes e en todos os formatos actuais. Analizouse se é posible publicar todo o que se pensa nas redes e se existen límites en relación cos delitos de odio e dos contidos discriminatorios.
Moitas grazas Xosé Manuel.
CHARLA DIVULGATIVA SOBRE ADICCIÓNS CON E SEN SUBSTANCIA: causas, consecuencias e variables asociadas
O día 27 de febreiro grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e experto en condutas adictivas. O obxectivo da charla foi falar da problemática das drogas tradicionais, a aparición de novas drogas, e das adiccións sen substancia (ou comportamentais) coma pode ser o uso do móbil, internet, videoxogos e as redes sociais.
As condutas aditivas, a pesar de ser en certo xeito autolesións, provocan sentimentos de benestar nas persoas que as realizan. Isto débese á descompensación entre os sistemas de recompensa e os de control inhibitorio, encargados de xerar a sensación de pracer e inhibir a conduta, respectivamente. Na charla ilustráronse os mecanismos neurolóxicos, psicolóxicos e sociais que facilitan e manteñen a adicción, tanto química coma comportamental ou psicolóxica.
Moitas grazas Manuel.
ABAU 2023
Normtativa- Resolución do 13 de febreiro de 2023- Instrucións para a realización, dentro do curso 22/23, da ABAU para o curso 23/24
MAPA DE RECURSOS XUVENTUDE
Información (en arquivo adxunto) para a xuventude sobre os recursos que os distintos departamentos do Goberno autonómico poñen a disposición en ámbitos como: educación, formación e emprego, igualdade, mobilidade, vivenda, información Xuvenil, ocio educativo e tempo libre.
Máis información na Oficina virtual de Asesoramento e Orientación para a xuventude
TALLER EN 4º ESO SOBRE CONSUMO E SOSTIBILIDADE
O alumnado de 4º curso de Educación secundaria, recibiu un taller impartido pola cooperativa galega Alalá, sobre consumo e a relación coa sostibilidade.
Foron dous sesións cunha metodoloxía participativa e activa, coa finalidade de sensibilizar e concienciar, identificar as causas e as consecuencias, xerar reflexións críticas e apostar por pílulas de bos hábitos cara á terra. Abordáronse conceptos como reducir, decrecer, emerxencia ecosocial, e alternativas para un bo vivir.
Grazas Julieta e Cande.
CHARLA INFORMATIVA DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA
O día 11 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán Varela, para informar do Grao en xestión de empresas hoteleiras, así coma das súas saídas profesionais . A actividade foi organizada polo departamento de Orientación .
Moitas grazas Òscar.
POSTAIS DE NADAL PARA A RESIDENCIA DE MAIORES DE CAMPOLONGO (PONTEVEDRA)
Noso alumnado de 2º de ESO respondeu á iniciativa da residencia de maiores de Campolongo, cunha choiva de agarimo en forma de preciosas cartas, mensaxes, e felicitacións.
Dez consellos imprescindibles para as familias antes e despois de entregarlles un móbil aos seus fillos e fillas
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e UNICEF España lazan a campaña ‘Máis que un móbil’, dirixida a ofrecer ás familias as claves que deben ter en conta antes de entregar aos seus fillos e fillas un teléfono móbil (ver arquivo adxunto).
Actividades programadas para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero
O noso centro súmase como cada ano, a conmemorar o ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’ o 25 de novembro.
Entre as actividades programadas, unha delas foi a representacioń teatral “Golpes”, dirixida por Xosé Leis e interpretada pola actriz Estíbaliz Veiga. “Golpes” denuncia a violencia machista a través da voz de Pamela, unha muller que se namorou baixo os postulados do amor romántico e finalizou sendo vítima de violencia. Pamela recibiu moitos ‘Golpes’, pero o máis grande foi verse a si mesma transformada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase polo mesmo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »