Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

TENIS NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS EN DUNAS DE GAIFAR- PROGRAMA DA FEDERACIÓN TENIS NA ESCOLA

Agradecidos un ano máis á Federación galega de tenis, que nos permitiu achegarnos a este deporte, grazas ao programa "Tenis na escola", que nos dotou do material necesario. E ao concello de Nigrán que nos permitiu usar as instalacións municipais.

PLAN DE TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO E 1º DE BACHARELATO

O traballo  desenvolverase no 3º trimestre.  Clicade no enlace para entender ben o que hai que facer. Hai que entregar 3 partes: o deseño e planificación do reto, a grella de seguimento, e as probas documentais que demostran que o fixestes.

Para o envío do traballo:

CHAMAMENTO PARA A CREACIÓN DUN GRUPO DE PERCUSIÓN.

Non fai falta que domines ningún instrumento, simplemente que queiras traballar o ritmo, para buscar o son en material alternativo, de refugallo. Imos a experimentar e crear en grupo. 

Para que vaias practicando ritmos aquí tés un vídeo. Que te pode dar unh pista do que buscamos conseguir. Pregunta por Natalia ou Adela. Estades citados para o xoves 8 de abril ás 12:10 no ximnasio

8 M. É TÓDOLOS DÍAS. PERO HOXE FACEMOS UNHA MENCIÓN ESPECIAL.

O 8 de marzo é o día da muller e para visibilizar desde o departamento ás mulleres deportistas, recomendamos que vexades este vídeo. Moi recomendable, para que libremente pensedes, reflexionedes. Sexades críticos. É moi importante a liberdade de pensamento. E tamén é importante ver e poñerse no lugar do outro e analizar neste caso se existe igualdade no mundo do deporte. 

Para resaltar unha noticia actual déixovos un enlace ao recente logro conseguido pola atleta galega Ana Peleteiro

ENQUISA- AO INSTITUTO RODANDO OU CAMIÑANDO

Agradecemos enormemente a gran participación  respondendo á enquisa "Ao centro rodando ou camiñando". Isto permitiranos continuar avanzando para intentar  incrementar as posibilidades para poder facer os traxectos ao centro realizando actividade física. Incorporando hábitos para un estilo de vida activo.

Os resultados da enquisa podedes velos aquí. En breve iremos tomando decisións que se vos comunicarán para intentar que nesta primaveira poidades animarvos a vir ao centro camiñando ou bici.

A CONTINUACIÓN CLICA PARA VER OS RESULTADOS SE ESTÁS INTERESADO/A

https://docs.google.com/forms/d/1DB3MGptZNapO5KLNFH7sYxqiTgDRWcjNdGtt-xD33LE/viewanalytics

PRIMEIROS AUXILIOS

A IMPORTANCIA DE QUE TODOS APRENDAMOS A FACER A RCP

Uns datos estatísticos:

700000 persoas falecen por morte súbita cardíaca en Europa, das cales 25000 se producen en España.

Se iniciamos a RCP (resucitación cardio-pulmonar) de forma inmediata trala parada duplícase ou triplícase a supervivencia. E se existe un acceso rápido nos primeiros 3-5 minutos trala parada a un desfibrilador externo (DEA) increméntase ata un 49-75% a tasa de supervivencia.

Non dubides en iniciar a RCP pois o éxito do uso do desfibrilador increméntase, se durante o tempo de espera se fixo esta manobra. Hai que gañar tempo pois os servizos de emerxencia soen tardar 8 minutos en chegar. Podes salvar unha vida. 

Clica na imaxe para ter información máis detallada

APUNTES DA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

POÑENDO EN VALOR O NOSO. BOLOS CELTAS.

Acaba de ser publicado este vídeo de difusión dos Bolos Celtas, que nos gustaría axudar a difundir, para continuar poñendo en valor o noso.

Nova instalación deportiva no concello

Os nosos alumnos Lucas Lomba e Noel Framil, aparecen na noticia do novo parque de calistenia que acaba de estrear o concello de Nigrán. Achegamos o enlace á noticia. 

https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/01/23/nigran-estrena-parque-calistenia-pabellon-30306833.html

Unha boa nova. Máis espazos para a práctica de exercicio son benvidos. Sobre todo abre un espazo de ocio para a xuventude  que seguramente axudará a adquirir ou continuar cun estilo de vida saudable. 

Distribuir contido