STEMbach, Contrato Programa
PROGRAMAS DE INNOVACIÓN 2021-22
No plan recupera tamén formamos parte da rede RAOGAL, CLICA para máis información https://www.edu.xunta.gal/portal/plan-recupera
CONTRATO PROGRAMA E PROGRAMA ARCO 2020-21
O centro foi seleccionado para participar na convocatoria dos CONTRATOS-PROGRAMA do curso 2020/21.
O centro tamén foi aceptado na convocatoria do PROGRAMA ARCO, na líña 2, que supón a incorporación a media xornada dunha profesora de pedagoxía terapéutica ao centro para traballar co alumnado de 1º da ESO .
VISITA DIDÁCTICA A JEVASO
O alumnado de Economía de primeiro de Bacharelato fixeron este luns 6 de maio unha saída didáctica á empresa Jevaso sita en Arteixo.
Alí puidemos observar o proceso completo do textil: dixitalización de patróns, bancadas, cortado por láser, costura, lavado, pasar o ferro, etiquetado, embolsado,... até o e commerce e xestión de devolucións.
Esta empresa é punteira no sector e traballa con marcas moi coñecidas polo alumnado como as do grupo Inditex, Bimba & Lola, Mango,...
27 MAIO. AO INSTITUTO RODANDO- PLAN VÍA BICI. MARCHA CICLOTURISTA PARA ALUMNADO DE 3º ESO A 1º BACH
CLICA para coñecer a ruta que faremos.
ANA ORTIZ, CÉSAR ARES E ESTELA IGLESIAS ACHÉGANSE AO CENTRO, PARA FELICITAR ÁS GAÑADORAS DO PREMIO STEPHEN HAWKING.
O Xefe Territorial, a delegada de educación en Vigo e a inspectora do noso centro, coordinaron as súas axendas, para felicitar en persoa, ás alumnas gañadoras do Premio Stephen Hawking. A continuación dispoñedes dos traballos realizados no programa STEMbach do bienio 2022-24.