Saltar navegación.
Inicio

Proxecto sobre o mosaico romano de Panxón

Este curso, na materia de Proxecto Competencial de 1º de ESO, levamos a cabo un proxecto sobre o mosaico romano de Panxón. En primeiro lugar, o alumnado investigou sobre os mosaicos en xeral, para despois centrarse no de Panxón, que ademais debuxaron por grupos en cartolinas. No segundo trimestre, recibimos a visita do profesor de historia e arqueólogo Gustavo Pascual, membro da Asociación para a Repatriación do Mosaico de Panxón, que nos deu unha charla moi interesante sobre como se elabora un mosaico, sobre o valor do exemplar achado en Panxón e sobre as peripecias polas que leva pasado dende que foi atopado ata a actualidade. E finalmente, no terceiro trimestre, e como colofón a todo o traballo previo, elaboramos unha reprodución do mosaico a tamaño case real con teselas de verdade.

QUENDAS DE MATRÍCULA DO 1 AO 5 DE XULLO. HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:00. LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO.

As quendas de matrícula terán lugar do 1 ao 5 de xullo. O alumnado dos centros adscritos recibirá o SOBRE DE MATRÍCULA no seu centro de primaria e terá que achegarse con el cuberto o día que lle corresponde . O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula no momento de entrega de notas.

Entrega de premios dos concursos de cultura clásica e de tradución 2024

O xoves 13 de xuño celebrouse na Facultade de Filoloxía da USC o acto de entrega dos premios do Concurso Odisea de Cultura Clásica e da Olimpíada de Tradución de Latín e Grego. Alí acudiron dous alumnos nosos, María Abadía e Martín Rey, a recoller os dous premios que gañaron ao longo deste curso: o terceiro premio do Concurso Odisea (que acadaron formando equipo xunto con Paula López), e o terceiro premio de tradución que obtivo Martín na modalidade de Latín.

Parabéns!

Distribuir contido