Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

CONTACTO

Rúa Paradellas, 15  36350-Nigrán  Tfo.: 986 366 050  Fax: 986 366 102
Facebook: facebook.com/iesvalminor
e-mail: ies.val.minor@edu.xunta.gal

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-22

Publicada na cortiza do centro a lista provisional de admitidos. Todos/as os que fixeron a solicitude en prazo, están admitidos. As listas poden consultarse na aplicación de admisión con certificado dixital ou chave 365.

Normativa de aplicación

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

COMUNICACIÓN DO EQUIPO COVID A DÍA 07 DE FEBREIRO

No documento adxunto atopará a información necesaria. CLIQUE

AI! LOLA, LOLIÑA, LOLA!

Era o ano 2000-2001 cando Lola aterraba por primeira vez no IES Val Miñor, cargada coas súas cores; nel quedou durante un ano. Regresou no curso 2004-2005, e desta vez, por sorte, veu xa para ficar entre nós. Despregou o seu block de debuxo, sacou as súas acuarelas, os seus lapis e adicouse a poñer luz aos nosos días. Cambiou a fasquía de aulas e patio; retratou alumnos e compeñeiros; alegrounos os espazos.

Muller enérxica, vital, risoña, valente, entregada á familia e ao seu alumnado que eran a súa preocupación.

SOLICITUDE DE MASCARILLAS NO CENTRO

Orde do 6 de novembro de 2011

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar, NON TERÁ QUE FACER A SOLICITUDE, asignaranse directamente como beneficiarios do reparto de mascarillas.

ROGAMOS, NON ACCEDAN a realizar a solicitude no centro, no horario de recreo, pois non se pode por protocolo COVID. Os recreos son de 10:10 a 10:30 e de 12:10 a 12:30. Nestas franxas horarias non estará aberta a ventanilla de secretaría para trámites.

INFORMACIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DE SANIDADE

              Ante a aparición dun caso positivo por COVID-19 entre o alumnado do noso centro, compartimos a información recibida da Xefa Territorial de Sanidade na seguinte ligazón CLICA  . Por outra banda informar que o luns 2 de novembro é día non lectivo.

CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA NO PAVILLÓN " XURXO OTERO" DE NIGRÁN.

Froito dun acordo entre o Instituto, a Xefatura Territorial de Educación e o Concello de Nigrán a maior parte do alumnado do IES Val Miñor realizará as súas clases de Educación Física no Pavillón municipal Xurxo Otero de Nigrán.

Desde o centro queremos agradecer o esforzo realizado e o exemplo que supón a implicación de todas as administracións na xestión dun momento tan complexo coma este. Dadas as carencias, en canto a instalacións deportivas, do noso centro, que o alumnado poida desfrutar dun espazo digno para a práctica deportiva é un avance moi relevante nun ano tan difícil.

A partir do próximo martes 13 un autobús transportará ao alumnado para realizar estes traxectos ao pavillón nos períodos lectivos que corresponden á área de educación física.

INICIO DO CURSO 2020-21

O inicio de curso será escalonado. Unha vez que o alumnado inicia as clases ao día seguinte seguirá o horario do centro de 8:30 a 14:15. Os días e horas aparecen detallados a continuación. O primeiro día tamén haberá bus e empezará o seu percorrido na parada inicial ás 10:30.

Distribuir contido