Saltar navegación.
Inicio

CHARLA DIVULGATIVA SOBRE ADICCIÓNS CON E SEN SUBSTANCIA: causas, consecuencias e variables asociadas

O día 27 de febreiro grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e experto en condutas adictivas. O obxectivo da charla foi falar da problemática das drogas tradicionais, a aparición de novas drogas, e das adiccións sen substancia (ou comportamentais) coma pode ser o uso do móbil, internet, videoxogos e as redes sociais.

As condutas aditivas, a pesar de ser en certo xeito autolesións, provocan sentimentos de benestar nas persoas que as realizan. Isto débese á descompensación entre os sistemas de recompensa e os de control inhibitorio, encargados de xerar a sensación de pracer e inhibir a conduta, respectivamente. Na charla ilustráronse os mecanismos neurolóxicos, psicolóxicos e sociais que facilitan e manteñen a adicción, tanto química coma comportamental ou psicolóxica.

Moitas grazas Manuel.