Skip to Content

Destacado:

Novo Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022

Volvemos estar de celebración no instituto. O centro volveu acadar outro premio nesta nova convocatoria da Consellería de Educación. A principal novidade presentada para esta edición foi o modelo de aula inclusiva que estamos a deseñar e poñer en práctica nestes últimos cursos: docencia compartida por ámbitos de coñecemento, aprendizaxe cooperativa, alumnado NEAE dentro da aula con profesorado de pedagoxía terapéutica reforzándolles e colaborando co profesorado de materia no deseño das actividades e na avaliación, proxectos e tarefas interdisciplinares. Con esta boa práctica de educación inclusiva acadamos o accésit desta edición. Parabéns a todas as profesionais que o fixéchedes posible!

Podedes ver a resolución oficial neste enlace: Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022.

Eleccións ao Consello Escolar 2022. Representantes do alumnado.

Eleccións ao Consello Escolar do IES Valadares 2022 para o sector do alumnado. Aberto o prazo para presentar candidaturas.

Entrgaremos proximamente o modelo nas titorías para que presenten as súas candidaturas.

Plan Dixital. Curso 2022

Rótulo "Plan Dixital"Publicamos o «Plan Dixital» do IES Valadares. Podes velo a continuación:

Autobús bacharelato

Lembramos que o alumnado de bacharelato non dispón de autobús escolar.

Para acceder ao IES Valadares o único medio de transporte público é a lanzadeira de Vitrasa U1 que vai desde Praza de América ata á Universidade, con parada diantre do instituto en Clara Campoamor (C. Sobreira).

Percorrido de ida: Avda. Fragoso 112, Balaídos, Castrelos, Clara Campoamor, Universidade.

Percorrido de volta: Universidade, Clara Campoamor, Castrelos, Praza América, Gran Vía, Praza España.

Horarios adecuados ao instituto:

  • Saída ás 8:07 de Avda. Fragoso 112
  • Saída ás 13:55 e as 14:10 da Universidade
  • Saída ás 17:40 e as 18:10 da Universidade

Para máis información poden consultar no seguinte enlace:

https://www.vitrasa.es/renovaciones-71_U1 

 

 

Nova listaxe de libros de texto para o curso 2022/2023

Como en pasados cursos, seguiremos no programa E-Dixgal en todos os niveis da ESO e polo tanto, só haberá libro de texto na materia de Lingua Galega e o Workbook en Inglés.

A continuación publicamos as listas da ESO e Bacharelato. Non hai que comprar o libro de Lingua Galega de 2ºBacharelato.

Matrículas curso 22/23

27/06/2022 09:00
10/07/2022 23:59

Consulta no calendario de fin de curso publicado que día che corresponde facer a matrícula.

Semana das Ciencias e das Letras

15/06/2022 00:00
22/06/2022 23:59

 

Reclamación notas ABAU

Podedes visitar o seguinte enlace se necesitades información sobre as reclamacións das notas da ABAU.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut