Skip to Content

Xeral

Documentos xerais

Axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de Bacharelato.

O alumnado interesado en solicitalas pode dirixirse ás súas profesoras de inglés e/ou ao equipo directivo se precisa axuda para a solicitude.

Ligazón á orde:

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Información sobre a viaxe de 4ºESO 23/24

Neste apartado "Familias" da nosa web iremos publicando as circulares con información sobre a viaxe de 4ºESO e a documentación necesaria en cada momento.

A Circular 2 pode entregarse presencialmente en papel no centro ou enviala por correo á dirección: vicedireccion.ies.valadares@edu.xunta.gal antes do 20 de outubro.

Deixamos aquí os pdf para que leades as condicións da viaxe e descarguedes a Circular 2 que hai que entregar cuberta. Mañá tamén entregaremos ao alumnado que veña ao centro esta documentación en papel.

Reunión ANPA

Próximo luns 26 de setembro reunión da ANPA ás 19:30.

Probas de acceso a ciclos formativos 2022

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2022.

«Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022»

Distribuir contido


by Dr. Radut