Skip to Content

Becas e axudas

Axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de Bacharelato.

O alumnado interesado en solicitalas pode dirixirse ás súas profesoras de inglés e/ou ao equipo directivo se precisa axuda para a solicitude.

Ligazón á orde:

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Portal de Becas e axudas do Ministerio de Educación

Acceso ao portal de becas e axudas do Ministerio de Educación y Formación Profesional:

«Becas de educación. 2022/2023»

Bolsas Ministerio 22-23: amplíase o prazo ata o 16 de maio!!

cerdito encima de libros coas letras Bolsas de estudo Este ano hai cambios importantes en canto ás bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP. O prazo para as solicitudes destas axudas adiántase uns meses do habitual, comezando o 30 de marzo, e ata o 16 de maio.

 Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.
 Requisitos e contías para o acceso á Universidade.
 

Deixámosvos un enlace á páxina web dende onde é preciso darse de alta para comezar coa solicitude. Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut