Skip to Content

Documento para confirmar asistencia á viaxe de Fin de Curso

Aquí publicamos o documento para confirmar a asistenica á excursion de fin de curso, tanto de 4º ESO como 1º Bacharelato. É imprescindible que fagan a transferencia á axencia de viaxes antes do luns 11 de decembro e traian este mesmo día o pdf asinado. Por favor, lean o documento completo antes de asinalo e teñan en conta todas as condicións para a participación dos seus fillos ou fillas.

Digitalweek 2023. Saída de alumnado de 3º ESO a próxima semana.

A partir do próximo domingo 19 de novembro, 25 alumnos e alumnas de 3º ESO disfrutarán do proxecto de inmersión lingüística denominado Digitalweek. Esta actividade transcorrerá integramente en inglés e o alumnado realizará distintas actividades relacionadas coa contorna dixital.

Novo calendario de exames 23_24

Publicamos na web o calendario de exames para todos os cursos. Polo de agora estará publicado nesta páxina principal e sempre estará no apartado de Alumnado>Exames e tarefas.

Lembrade que os responsables deste calendario son as persoas delegadas de cada curso polo que pode estar incompleto ou ter algún erro. É recomendable que se contraste esta información.

Información sobre a viaxe de 4ºESO 23/24

Neste apartado "Familias" da nosa web iremos publicando as circulares con información sobre a viaxe de 4ºESO e a documentación necesaria en cada momento.

A Circular 2 pode entregarse presencialmente en papel no centro ou enviala por correo á dirección: vicedireccion.ies.valadares@edu.xunta.gal antes do 20 de outubro.

Deixamos aquí os pdf para que leades as condicións da viaxe e descarguedes a Circular 2 que hai que entregar cuberta. Mañá tamén entregaremos ao alumnado que veña ao centro esta documentación en papel.

Actividades complementarias e extraescolares curso 2023-2024

Iremos actualizando a táboa a medida que vaian xurdindo máis actividades.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut