Skip to Content

Novas E-DIXGAL

NAVEGACIÓN SEGURA EN E-DIXGAL

Informámoslle que ao longo deste ano 2023, o equipo de Soporte de Sistemas Abalar da AMTEGA traballou na análise e implementación dunha ferramenta que garante a navegación segura sobre a nova maqueta Abalar 11, instalada nos portátiles do alumnado EDixgal, considerando a integración da aplicación, probas funcionais de seguridade, establecemento do protocolo de actualización e mantemento da ferramenta.

A instalación deste aplicativo nos equipos EDixgal do alumnado é completamente transparente e automática, polo que estes portátiles recibirán unha actualización a través da WiFi Abalar nos próximos días.

O funcionamento desta aplicación é independente do tipo de conexión que se estableza para conectarse a Internet, polo que permite a navegación segura do alumnado tanto dentro da rede corporativa do centro, como nas redes domésticas ou a través de dispositivos móbiles.

Ademais, permite filtrar a actividade do portátil do/a alumno/a, evitando accesos non autorizados a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado baseados nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, etc. Ademais, estas categorías e listas de sitios bloqueados son amplamente revisados e mantéñense actualizados constantemente coas garantías da Universidade de Toulouse.

CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS PARA MULLERES

O Concello vén de convocar un curso de competencia dixital para mulleres.

É requisito que sexa muller e que estea inscrita no SEPE como demandante de emprego ou como mellora de emprego.

No caso de que se finalice satisfactoriamente os tres cursos cunha asistencia do 100%, terá dereito a quedarse en propiedade co portátil que se entrega para realizar os cursos.

 

Carta Edixgal a familias

No documento adxunto que está a seguir poden ver as concicións do programa Edixgal para o curso 21-22

Configurar mensaxeria de EDIXGAL

Neste vídeo o alumnado de EDIXGAL ten indicacións de como manexar a mensaxería e como recibir notificacións de mensaxes novas.

 

 

Se queres velo en youtube  https://youtu.be/82MNm3UI0_4

 

Videoconferencias con Webex

sellería ven de habilitar un servicio de videoconferencias para a comunicación entre profesorado e alumnado.

Para utilizalo hai dúas formas de acceder:

1. O profesor envía aos seus alumos por correo electrónico, ou outros medios, un enlace propio, que terá a seguinte forma     https://eduxunta.webex.com/meet/usuario      e que os leva directamente á reunión.

2. O profesor envía un número ID e unha contraseña da reunion ao alumnado, o alumnado carga a aplicación  https://eduxunta.webex.com/ e introduce a información que lle enviou o seu profesor para acceder á reunión.

 

Fai clic AQUI  para ver as instruccións

Tamén podedes ver unha explicación no vídeo

 

Se queredes velo en youtube   https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&t=51s

Acceso ao curso a familias da aula virtual

Si pide contrasinal , esta é :    turonio

Aqui o curso familias

Plan de promoción do talento dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a impulsar o Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, que arrinca este curso con máis de 2.500 prazas en actividades para o fomento das vocacións STEM.

No espazo web amtega.xunta.gal/digitalent está dispoñible o catálogo completo de actividades do curso 2018/2019 para coñecer as principais actuacións das que poderán beneficiarse os centros educativos.

A este respecto, a primeira das iniciativas en poñerse en marcha é o programa Tecnólog@ por un día promovido pola Amtega. Unha oportunidade única para que estudantes de 12-17 anos vivan en primeira persoa un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes empresas TIC.

Os centros educativos xogan un papel fundamental para que o alumnado poida participar nesta actividade, xa que a inscrición realizarase a través do persoal docente na web DigiTalent (amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia) a partir do próximo 17 de outubro e ata o día 26 de outubro.

O alumnado interesado en participar poñerse en contacto coa coordinadora edixgal Luisa Pita

 

Titorial edixgal para familias

Na lapela Protocolo e-dixgal atópase un titorial sobre o uso de e-dixgal para as familias

Distribuir contido


by Dr. Radut