Skip to Content

Protocolo de Alerta Escolar

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación 061, puxo en marcha un programa que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e que poida desenvolver en calquera momento unha crise. Serían patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

·         Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos, normalmente alimentarios.

·         Crises comiciais (epilepsia en todas as súas formas).

·         Crises diabéticas (en xeral, por hipoglicemia).

 

Este programa pretende a coordinación entre o profesorado e a Central de Urxencias Sanitarias 061, para que no centro educativo se poida recoñecer a urxencia médica provocada por ditas patoloxías e poder prestar unha primeira atención mentres chegan os recursos adecuados.

 

Que ten que facer a familia para inscribir ao seu fillo/a neste programa?

·         Cubrir o formulario de inscrición no programa de Alerta Escolar

·         Cubrir e asinar a autorización da familia

·         Aportar un informe médico con toda a información relevante da súa patoloxía

 

Pódense descargar os fomularios no enlace de abaixo e presentalos no centro

AdxuntoTamaño
Formularios Alerta Escolar.pdf709.77 KB


story | by Dr. Radut