Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Obradoiro de creación literaria 20 de Novembro 2023

 

Miriam Ferradáns estivo en RADIO TURONIO

Se queres escoitar a súa entrevista descarga o arquivo adxunto

SAMAÍN EN TERRA DE TURONIO

Por mor da celebración do Samaín, hoxe o instituto vístese de xeito horrorífico. A partir das 13:20, faremos unha fesa de disfraces no ximnasio do centro á vez que está convocado un concurso de cabazas e un de relatos.

DÍA 8 DE MARZO 2023

Para celebrarmos o Día da Muller o noso centro realizou unha actividade en colaboración co Concello de Gondomar no pavillón municipal de deportes. O alumnado lembrou as mulleres máis senlleiras nas súas vidas, nais, avoas, madriñas..., como referentes nos coidados.

 

 

Día de Rosalía 24 de febreiro de 2023

Desde Radio Turonio emitimos un programa especial con motivo da celebración do día de Rosalía. O alumnado de 4º de ESO presentou nesta edición un programa elaborado seguindo a proposta recibida da AELG, que constou da lectura do manifesto e as creacións literarias inspiradas no poema "A xustiza pola man".

Non deixes de escoitar o programa ata o final, atoparás unha agradabel sorpresa. ESCÓITAO   AQUI

 

  

 

O samaín e algúns personaxes terroríficos

Xa se achega o Samaín!
Así que, para celebralo como é debido, compartimos con vós este polítptico elaborado polo Departamento de Lingua Galega.
Nel poderedes atopar a explicación desta nosa tradición que, desde os 90, demos en chamar xenericamente Samaín e a inspiración para vos disfrazar, porque, aínda que os disfraces non formen parte, estritamente, da nosa tradición, se non vos podedes resistir, si que podedes inspirarvos en figuras terroríficas de noso. E hai moitas!!
 
Pasádeo ben!
 
Fai clic no cartel

Alumna premiada por Inspiraciencia

    O IES Plurilingüe Terra de Turonio quere dar os parabéns publicamente á súa alumna Brezo Verea Nieto que acaba de recibir, o pasado sábado 9 de setembro en Barcelona, o "PREMIO ESPECIAL "INTELIGENCIA ARTIFICIAL" en lingua galega na categoría de persoas mozas, convocado por Inspiraciencia.  
 
 
    O relato de Brezo Verea, titulado "INDA QUE O ALGORITMO FALLE...", foi ademais teatralizado durante o acto de entrega dos premios. Trátase dun relato moi humano, a pesar de que a súa protagonista non é de carne e óso.
    Brezo Verea, obtivo tamén, no mes de maio, o segundo premio de poesía da categoría B no Certame Beatriz da Serra en que participa todo o alumnado de Ensino Obrigatorio e Post-Obrigatorio do Val Miñor.
 
               
 
    Inspiraciencia, tal e como se define na súa web, "é unha iniciativa que relaciona ciencia e escrita de maneira lúdica, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción". Cada ano convoca un certame de relato de ámbito estatal, en catro linguas do Estado: galego, éuskaro, catalán e español.
 
Podedes ler o relato no seguinte enlace: https://inspiraciencia.es/es/premiados
 

8 de marzo 2021

O grupo de igualdade e diversidade,   A S ,   quixo visibilizar este 8 de marzo, a loita das mulleres trans, un colectivo dobremente oprimido, por seren mulleres e por seren transexuais.

 

  

    

Radio Turonio celebra o Día Mundial da Radio 2021

Baixo o lema  "Novo mundo, nova radio"  proposto pola UNESCO para a celebración deste día, Radio Turonio súmase á convocatoria realizada por Ponte...nas Ondas! cunha programación e un vídeo-presentación da radio do centro.

Aqui podedes escoitar os podcasts feitos para este día

 

E este é o vídeo presentación

 

Charla da axencia de doazón de órganos e sangue

 

O mércores 27 de xaneiro o alumnado de terceiro da ESO do noso instituto recibiu unha charla impartida pola axencia de doazón de órganos e sangue galega. Foi unha videoconferencia moi entretida e interesante na que ademáis de recibir información emocionámonos co testimonio de Celso, un transplantado de ril xa fai 26 anos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut