Skip to Content

Tecnoloxía

PROGRAMACIÓNS DEPARTAMENTO TECNOLOXÍA CURSO 21-22

Documento adxunto coas programacións de Tecnoloxía de 2º, 3º e 4º da ESO e Tecnoloxías da Información e da Comunicación de 4º da ESO. 

Programacións Departamento de Tecnoloxía curso 2020-21

Programacións do Departamento para o curso 20-21. Tecnoloxía de 2º, 3º e 4º da ESO e TIC de 4º da ESO.

Adaptacións das programacións Tecnoloxía e TIC Curso 2019-2020

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as adaptacións das programacións do curso 2019-2020 motivadas polas circunstancias da pandemia do COVID19

Visita alumnos 2º ESO a ESYPRO 16/2/2018

O pasado 16 de febreiro os alumnos de 2º da ESO realizaron unha visita activa ás instalacións da empresa ESYPRO, na Pasaxe, organizada polo departamento de Tecnoloxía. O obxectivo fundamental era que os alumnos viran de cerca a realidade do proceso tecnolóxico e das súas fases, así como algunhas das técnicas e ferramentas que se usan en cada unha delas.

Na visita realizáronse varias actividades:

-Comprobación de cotas de pezas sobre plano utilizando calibre.

-Visita ás oficinas de Enxeñería para comprobar o funcionamento dun programa para o deseño de pezas en 3D.

-Montaxe de pezas a partir de plano

-Visita ao laboratorio I+D+i  para ver prototipos e ensaios de pezas.

-Mecanizado de pezas plásticas usando un torno.

-Manexo dunha ponte-grúa, proba de habilidade.

Rematamos a visita na nave de montaxe, vendo o proceso de fabricación e o almacén.

Tódolos profesores acompañantes valoramos moi positivamente a visita e a organización por parte do persoal de ESYPRO. As impresións transmitidas polos alumnos tamén foron excelentes. O noso agradecemento á empresa e a tódolos profesionais que se implicaron na visita, que foron moitos, en particular a Carlos Trigo e Alberto Ramilo pola organización e coordinación. Moitas grazas, esperamos repetir en cursos próximos.

 

 

Programacións Departamento de Tecnoloxía. Curso 2017-2018.

Inclúe as programacións das materias Tecnoloxía de 2º, 3º e 4º da ESO, e TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) de 4º da ESO.

Participación de alumnos do centro na III Competición de Robots da EEI de Vigo

10 alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO, distribuidos en 3 equipos, participaron na 3ª edición da Competición de Robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que se celebrou o pasado venres 28 de abril, cun total de 155 equipos e 800 alumnos de toda Galicia.

Esta actividade plantexouse como complementaria dos contidos de robótica e programación que forman parte do currículo de Tecnoloxía de 4º da ESO.

Os equipos de 3º e 4º da ESO estaban distribuidos en 4 grupos de 11 equipos cada un, e tiñan que realizar dúas probas no menor tempo posible: completar un circuito seguindo unha liña branca e sacar dúas latas do interior dun círculo.

 O equipo “Pollos hermanos”, integrado por Blanca Oliveira, Martín Rodríguez e Álvaro Vidal, quedou en 5º posto no seu grupo; “Robotecs”, de Rafael Braña, Adrián Costas, Laura Martínez e Pablo Reñones quedou 6º e “Destroyers”,  con Xacobo Conde, Pedro Gómez e Andrés Torres quedou en 7ª posición. Tódolos equipos completaron as dúas probas. Había que clasificar entre os 3 primeiros para entrar nas finais, pero tendo en conta que tanto os equipos como o adestrador eramos debutantes na competición, estamos satisfeitos. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut